Entries by administrador

Un book trailer que veu de lonxe

Hai xa algunhas semanas, chegáronme á casa os exemplares da edición coreana d‘O único que queda é o amor, o libro de relatos que publiquei no 2007. E hai uns días chegoume tamén un enlace co vídeo promocional que preparou a editorial Booklight. Trátase dun vídeo moi sinxelo, que se abre coa cita inicial do […]

Agustín Fernández Paz, Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo

O pasado 28 de xaneiro, festividade de San Tomé de Aquino, celebrouse no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo a sesión de investidura de Agustín Fernández Paz como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. No acto académico, actuou como padriño o Vicerreitor de Extensión Universitaria, o profesor […]

¡A sangre y fuego!

Para falar deste tebeo debo retroceder ata un domingo do mes de xuño do ano 1956. Eu teño nove anos e, logo de asistir á misa das doce, chamada “a dos nenos” porque entrabamos ás once e media e tiñamos media hora previa de catecismo, reúnome con outros rapaces ao pé da pravia, a árbore […]

A illa misteriosa (I)

A novela da miña infancia Supoño que era inevitable comezar por A illa misteriosa, de Jules Verne, o meu libro esencial, do que nace o meu devezo de ler. Conteino xa hai tempo, nun texto do que reproduzo aquí un fragmento: Unha noite calquera de inverno, nos grises e mediocres anos cincuenta. Unha casa dunha […]