Porque ese é o destino que desexo para min: ser a Merla Vella que lles fala aos merliños na hora do solpor. Quero aprenderlles os nomes das cousas, contarlles as historias máis fermosas, facelos rir e emocionarse cos meus relatos. Será o meu xeito de descubrirlles todas as marabillas que a vida garda para nós. E así seguirei vivindo durante moito tempo na memoria dos outros.