Acerca do autor

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947-Vigo, 2016) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe francés e italiano.