Entries by administrador

Videoteca AELG: Entrevista sobre o oficio de escribir

Este vídeo forma parte da ampla videoteca que a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) vén formando desde hai anos, coa intención de recoller a voz e a imaxe dos seus membros. Nesta breve entrevista, Fernández Paz conta os seus primeiros pasos como escritor e salienta a estreita conexión entre a lectura e a […]

Entrevista na Feria Internacional del Libro de Guadalajara

Breve gravación, realizada dun xeito informal, feita ao finalizar o acto de entrega do VII Premio Iberoamericano SM de LIJ, no marco da Feria Internacional del Libro de Guadalajara (México), o 29 de novembro do 2011. Nela, Fernández Paz expón a súa opinión sobre as relacións entre Internet e a promoción da lectura.

Agustín Fernández Paz fala sobre “O rastro que deixamos”

Entrevista sobre O rastro que deixamos (A Coruña, agosto 2012) Nesta gravación, realizada durante a celebración da Feira do Libro da Coruña en agosto do 2012, Agustín Fernández Paz fala sobre os contidos e intencións do seu libro O rastro que deixamos, que estaba a piques de se publicar. Neste libro, o autor recolle diversos […]

Entrevista en Libro Aberto (TVG) sobre “Corredores de sombra”

Entrevista a Agustín Fernández Paz no programa Libro Aberto. O programa Libro Aberto, da Televisión de Galicia, comezou a emitirse o 26 de setembro de 2006. Estaba presentado por Manuel Romón e dirixido por Luís Rei Núñez. No programa inaugural, o autor elixido foi Agustín Fernández Paz, coa novela Corredores de sombra, publicada na primavera […]