Entries by administrador

Entrevista en Libro Aberto (TVG) sobre “O único que queda é o amor”

Agustín Fernández Paz conversa con Manolo Romón en “Libro Aberto” O programa Libro Aberto, da Televisión de Galicia, dedicou o seu espazo do 7 de xaneiro do 2008  a Agustín Fernández Paz e ao seu volume de relatos O único que queda é o amor, que en outubro dese mesmo ano recibiría o Premio Nacional […]

Entrevista en Libro Aberto (TVG) sobre “Lúa do Senegal”

Entrevista con Agustín Fernández Paz sobre a novela Lúa do Senegal. Na temporada 2009-10, o programa Libro Aberto, da Televisión de Galicia, iniciou unha nova xeira, con entrevistas realizadas en ambientes exteriores. O 15 de setembro dedicou o seu espazo a Agustín Fernández Paz e á súa novela Lúa do Senegal, publicada algúns meses antes. […]

Entrevista no programa ZigZag

O 19 de setembro de 2011, no programa ZigZag diario, da Televisión de Galicia, Agustín Fernández Paz mantivo unha conversa con María Solar, a directora do espazo. Na entrevísta, ademais de falar dos libros publicados polo autor, faise referencia ao Premio Iberoamericano SM de LIJ, que AFP viña de obter e que recollería dous meses […]

Planeta Cine: as películas de AFP

No espazo Planeta Cine, un programa que emite a Televisión de Galicia, o día 5 de decembro do 2009 incluíu unha breve entrevista con Agustín Fernández Paz. Nela, o escritor lembra os seus primeiros contactos co cine e salienta algúns dos seus filmes favoritos.

O rastro que deixamos

Nos primeiros días de outubro, Edicións Xerais publicará, na súa colección Crónica, O rastro que deixamos, un volume que reúne por vez primeira textos dados a coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentes medios ao longo do tempo, así coma outros que permanecían inéditos. Neles, o autor aborda un regueiro de episodios fundamentais na súa […]