Entries by administrador

“Non hai noite tan longa” obtén o premio Losada Diéguez.

O día 6 pasado mes de xuño, no concello de Boborás, tivo lugar a entrega dos premios Losada Diéguez, que este ano corresponderon a Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz, na modalidade de creación literaria, e a Aníbal Otero: lingüística e política en España na guerra civil e no franquismo, de Xesús […]

Homenaxe a Agustín Fernández Paz

O pasado 30 de xuño celebrouse en Vigo un acto de homenaxe a Agustín Fernández Paz, organizado pola plataforma ProLingua, ao que acudiron máis de 300 persoas.  Conducido por Rosa Aneiros, nel interviñeron amigos de Agustín e unha representación do alumnado dos institutos de Vigo. Contou tamén coa participación dos músicos Anxo Pintos e Begoña […]

Presentación do portal de AFP na Biblioteca Cervantes

O pasado 6 de setembro, dentro do IX Curso de Formación Continua, dirixido por Blanca-Ana Roig Rechou e dedicado este ano a “Narrativas Xuvenís no século XXI (2000-2010). Tendencias e correntes”, Ramón Llorens, profesor da Universitat d’Alacant, presentou os novos portais da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes de autores de LIX: o do galego Agustín […]

Fernández Paz, proposto para Doutor honoris causa

O pasado día 20 de xuño, o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo acordou por unanimidade aprobar a proposta de nomeamento de Agustín Fernández Paz como Doutor honoris causa en Filoloxía Galega por dita universidade. Esta proposta tivo a súa orixe nun pedimento expreso da AELG (Asociación de Escritores en Lingua […]