O centro do labirinto



portada O centro do labirinto
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
Primeira edición: 1997
ISBN: 84-8302-117-X
Páxinas: 203
Colección: Fóra de xogo
Ilustracións: Miguelanxo Prado

Sinopse

Ano 2054. Europa transformouse nunha sociedade uniforme, onde a variedade de linguas e culturas é só unha lembranza do pasado. Sara Mettmann, membro da organización que o controla todo desde a sombra, viaxa a Galicia en compañía de David, o seu fillo adolescente, para examinar uns enigmáticos petróglifos. Cando David desaparece misteriosamente, Sara vese arrastrada a unha aventura complexa e fascinante, que acabará por cambiar o destino da humanidade.

A través dun mozo moi crible, David, para quen a viaxe supón o descubrimento das súas raíces e a entrada na vida adulta (primeiro amor, enfrontamento ás ideas da súa nai, toma das súas propias decisións), o autor crea un mundo no que a identidade, a tolerancia e a diferenza son os trazos positivos. O centro do labirinto é unha novela que, como ocorre na mellor ciencia-ficción, lévanos a un mundo futuro para facernos reflexionar sobre o presente. Un libro apaixonado, escrito desde a oposición ao pensamento único e a globalización capitalista.

Traducións
Referencias
Premios
portada El centre del laberint
Catalán
ISBN: 978-84-9824-374-1
Páxinas: 224
Editorial: Bromera

Tradución: Josep Franco
El centre del laberint

Any 2054. Europa ha esdevingut una societat uniforme, on la varietat de llengües i cultures ja és un record del passat. Sara Mettmann, membre de l’organització que ho controla tot des de l’ombra, viatja a Galícia amb David, el seu fill adolescent, per examinar uns enigmàtics petròglifs. Quan David desapareix misteriosament, Sara es veu arrossegada a una aventura fascinant en què hi va el destí de la humanitat.

portada El centro del laberinto
Castelán
ISBN: 84-95722-09-7
Páxinas: 222
Editorial: Algar

Tradución: Soledad Carreño Albín
El centro del laberinto

Año 2054. Europa se ha convertido en una sociedad uniforme, donde la variedad de lenguas y culturas es ya un recuerdo del pasado. Sara Mettmann, miembro de la organización que lo controla todo desde la sombra, viaja a Galicia en compañía de David, su hijo adolescente, para examinar unos enigmáticos petroglifos. Cuando David desaparece misteriosamente, Sara se ve arrastrada a una aventura fascinante en la que lo está en juego es el destino de la humanidad.

portada O centro do labirinto
Portugués
ISBN: 972-43-0502-3
Páxinas: 201
Editorial: Ambar

Tradución: Isabel Ramalhete
O centro do labirinto

Em meados do século XXI, a doutora Sara Mettmann, membro da organização que, da sombra, rege os destinos da Europa, viaja para a Galiza na companhia do seu filho, David. O misterioso desaparecimento de David será o início de uma cadeia de acontecimentos desconcertantes que, como um estranho pesadelo, acabará por os arrastar para uma aventura que mudará para sempre as suas vidas e talvez o destino da Humanidade.

  • Finalista do Premio Nacional de Literatura no 1998




Concha Costas, Novidades Xerais, 29.

O centro do labirinto é unha novela intensa, con mensaxe, que nos sitúa nun futuro no que se reflexiona e se fala moito dun pasado que para nós é presente.