Entries by Agustín Fernández Paz

Sempre The Kinks!

You really got me (1964) / Waterloo Sunset (1968)/ Lola (1970) Unha vez máis,  regreso á decada dos sesenta para lembrar aquí outro dos grupos que me entusiasmaban daquela, e que aínda hoxe sigo a escoitar con agrado: The Kinks. E con el a Ray Davies, ese xenio da música que foi o seu líder […]

Tres poemas para o 21 de marzo

(A fotografía desta entrada -o rio dos Novos, en decembro- é da autoría de Inmaculada Reino) Hoxe, 21 de marzo, celebramos o Día Mundial da Poesía. Un bo motivo para publicar aquí algúns deses poemas que, por unha razón ou por outra, me atraeron desde a primeira vez que os lin. Hai tanto onde elixir! […]

Intervención nos Encontros de Bibliotecas Escolares

(A foto é da autoría de Emilio Roca) Os días 7 e 8 de marzo celebráronse no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2012-2013 (PLAMBE), organizados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Cultura, Educación e O. U. Asistiron aos Encontros máis de cincocentas […]

A Casa Pequena, no país de Arnoia

(Todos os collages que aparecen nesta entrada son da autoria de Pepe Barro) Arnoia, Arnoia, de Xosé Luís Méndez Ferrín (Edicións Xerais, 1985) Lembro ben a primeira vez que lin Arnoia, Arnoia, ese lóstrego fascinante que iluminou o ceo de 1985. Daquela, a literatura xuvenil aínda padecía moitos dos prexuízos que logo foi conseguindo vencer […]

Era inverno cruel de chumbo e morte

O latexo da vida e da conciencia. Memorias colectivas de Rafael Pillado (Asociación Cultural Fuco Buxán, 2012) Hoxe é o día 10 de marzo. O Día da Clase Obreira Galega. Unha conmemoración que nos lembra a data do 10 de marzo de 1972, cando en Ferrol os obreiros de Bazán e de Astano foron ametrallados […]