Entries by Agustín Fernández Paz

Reportaxe no programa “Zigzag” (TVG) sobre os novos libros de Agustín Fernández Paz

O pasado día 2 de xuño, o programa cultural “Zigzag”, que emite a diario a Televisión de Galicia, dedicou unha breve reportaxe  onde se informaba dos tres últimos libros publicados por Agustín Fernández Paz en distintas coleccións de Edicións Xerais: “A viaxe de Gagarin” (na colección Narrativa), “A neve interminable” (na colección Fóra de Xogo”) […]

As razóns do galego

Este artigo que hoxe inclúo no apartado “Ensaios” da miña web apareceu anteriormente na revista LUZES (nº 15; febreiro, 2015). Tal como digo no inicio do texto, «O motivo que me levou a escribilo non foron os datos publicados en decembro de 2014 polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referidos ao coñecemento e uso do […]

1816: O “ano sen verán”

(Fotograma do filme Remando al viento (1987), de Gonzalo Suárez) A semente d’A neve interminable No pasado mes de abril publiquei unha nova novela, A neve interminable, onde se fai referencia á famosa reunión de Lord Byron e os seus invitados en Xenebra, á beira do lago Leman, no frustrado verán de 1816. E digo […]

“A viaxe de Gagarin” obtén o Premio de Narrativa da AELG

O pasado 9 de maio, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou a anual Gala das Letras no Círculo das Artes de Lugo. Durante o acto, conducido pola xornalista e escritora María Solar, déronse a coñecer as obras e as persoas merecentes dos galardóns, que se deciden por votación dos socios e socias […]

Cruzando o Atlántico

Nos últimos meses, cadrou que dúas revistas dixitais feitas en América e orientadas ao estudo e difusión da LIX, Cuatro Gatos (da fundación do mesmo nome, radicada en Miami) e La Página Escrita(da fundación J. Sierra i Fabra, radicada en Medellín e Barcelona), fixeron cadansúa entrevista con Agustín Fernández Paz, ambas coa extensión suficiente para […]