Entries by Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz, Premio dos Clubs de Lectura 2015

(Na imaxe, con dúas lectoras e un lector na Feira do Libro de Vigo) O pasado 23 de abril, Día Mundial do Libro, a Consellería de Educación e Cultura publicou no DOG unha resolución “pola que se recoñece o autor galego máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo, no curso precedente, mediante o […]

“La Página Escrita” publica unha extensa entrevista con Agustín Fernández Paz

A revista La Página Escrita é unha publicación dixital de periodicidade trimestral, editada pola Fundación Jordi Sierra i Fabra de Barcelona e pola Fundación Taller de Letras J. Sierra i Fabra de Medellín (Colombia). Como explican no número inicial, es una revista encaminada a los jóvenes (y no tan jóvenes) que deseen convertirse en escritores, […]

Entrevista / reportaxe no programa “Zigzag”-TVG2 (4-4-2015)

O programa cultural “Zigzag” da TVG2, emitiu o pasado 4 de abril unha entrevista / reportaxe sobre o libro Amizades secretas, que Agustín Fernández Paz vén de publicar en Rodeira-Edebé. Os responsables do programa presentárono con estas palabras na súa web: Nova obra dun dos grandes autores galegos de literatura infantil: Agustín Fernández Paz. A […]

Conversa con AFP sobre o mundo da BD

(As viñetas da ilustración corresponden ao álbum As falanxes da Orde Negra,  de Pierre Christin e Enki Bilal) No diario dixital Praza Pública, Eduardo Maroño publicou unha extensa entrevista con Agustín Fernández Paz. A conversa centrouse, de xeito deliberado, na relación que Fernández Paz mantivo coa banda deseñada (ou cómics, ou tebeos) ao longo da […]

Publícase “A neve interminable”

Neste mes de abril, na colección “Fóra de Xogo” de Edicións Xerais, publícase A neve interminable, a nova novela de Agustín Fernández Paz, unha narración onde o misterio ocupa un lugar central. A historia transcorre nun hostal da Fonsagrada, durante os meses de inverno. Un equipo de guionistas reclúese alí para escribir os guións dunha […]