“La Página Escrita” publica unha extensa entrevista con Agustín Fernández Paz

A revista La Página Escrita é unha publicación dixital de periodicidade trimestral, editada pola Fundación Jordi Sierra i Fabra de Barcelona e pola Fundación Taller de Letras J. Sierra i Fabra de Medellín (Colombia).

Como explican no número inicial, es una revista encaminada a los jóvenes (y no tan jóvenes) que deseen convertirse en escritores, así como también a maestros, educadores, bibliotecarios y cuantos tengan que ver con el mundo de la cultura.

En cada un dos seus números (e, co deste mes de abril, xa van once), ademais doutras moitas seccións, publican unha longa entrevista cun escritor e outra con ilustrador, pertencentes ambos os dous ao mundo iberoamericano. No número 9, Agustín Fernández Paz foi o escritor elixido. A revista completa pódese ler aquí.

A entrevista con AFP pode lerse neste PDF

 

Entrevista / reportaxe no programa “Zigzag”-TVG2 (4-4-2015)

O programa cultural “Zigzag” da TVG2, emitiu o pasado 4 de abril unha entrevista / reportaxe sobre o libro Amizades secretas, que Agustín Fernández Paz vén de publicar en Rodeira-Edebé. Os responsables do programa presentárono con estas palabras na súa web:

Nova obra dun dos grandes autores galegos de literatura infantil: Agustín Fernández Paz. A fascinación dos nenos e nenas polos animais é o eixe de “Amizades secretas”, unha narración que ten a orixinalidade de estar contada desde unha dobre perspectiva: a da familia dos ratos e a das persoas.

 A entrevista / reportaxe pode verse completa neste enlace.

Conversa con AFP sobre o mundo da BD

(As viñetas da ilustración corresponden ao álbum As falanxes da Orde Negra
de Pierre Christin e Enki Bilal)

No diario dixital Praza Pública, Eduardo Maroño publicou unha extensa entrevista con Agustín Fernández Paz. A conversa centrouse, de xeito deliberado, na relación que Fernández Paz mantivo coa banda deseñada (ou cómics, ou tebeos) ao longo da súa vida. Como se di ao comezo da entrevista:

 A banda deseñada galega atópase no que probablemente sexa o mellor momento da súa historia. Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) foi testemuña da súa evolución dende a precariedade de medios e o voluntarismo dos anos 70 ata a brillante etapa actual. Lector apaixonado de cadriños, o escritor vilalbés foi pioneiro da incorporación do cómic ás aulas e levou a cabo un entusiasta labor coma divulgador do medio que lle valeu o Premio Ourense de Banda Deseñada en 1992. Unha faceta pouco coñecida da súa traxectoria que repasamos nesta conversa.

Algúns dos traballos sobre cómics publicados por Fernández Paz son os libros Para lermos cómics, Facermos cómics e Os cómics nas aulas.

A entrevista completa pódese ler neste enlace.

Entrevista con AFP na web da Fundación Cuatrogatos

A Fundación Cuatrogatos, radicada en Miami, é unha organización orientada á promoción da lectura e á difusión da literatura infantil e xuvenil, con ampla difusión en Latinoamérica. Na súa web, veñen de publicar unha extensa entrevista con Agustín Fernández Paz, co títular “La realidad y la fantasía son un continuo”.

A entrevista completa pode lerse aquí.

Pemón Bouzas fala con Agustín Fernández Paz, sobre “Aire negro” (TVG)

Entrevista no programa “Eirado”, da TVG,  que dirixe e presenta Pemón Bouzas. Emitiuse o 30 de xuño de 2012.

O escritor Agustín Fernández Paz fala da reedición de “Aire negro”, unha das súas novelas máis gabadas, unha intensa e desacougante historia de amor, narrada cun uso maxistral do suspense e da intriga.

Agustín Fernández Paz foi galardoado o ano pasado co VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil, en recoñecemento pola súa extensa obra narrativa.