Ficha Técnica
Editorial: Edicións XeraisPrimeira edición: 2001
ISBN: 84-8302-691-0
Páxinas: 53
Ilustracións: Enjamio
Sinopse
Desde a fiestra do seu cuarto, Ana ve pasar o tren todos os días. Un tren que nunca se para, porque onde ela vive non hai estación. Unha tarde o ferrocarril detense ao pé da súa casa e o revisor invítaa a subir, logo de que consiga descifrar unha adiviña. Ana descobre axiña que se trata dun tren moi especial: nel percorrerá os cinco continentes e, ao longo do traxecto, terá que resolver o misterio que encerran sete enigmáticas caixas azuis. Tras logralo, terá nas súas mans o Libro das Infinitas Historias, onde se gardan os máis fermosos relatos que homes e mulleres foron creando para axudarnos a soñar e a vivir.
A intriga, a fantasía, o xogo coas palabras, a existencia dun planeta diverso e plural, o valor dos libros e das historias son os máxicos fíos cos que se tece este libro.
Castelán
ISBN: 84-667-3688-3Páxinas: 80
Editorial: Anaya
Ilustracións: Enjamio
Tradución: Agustín Fernández Paz
Un tren cargado de misterios
Desde la ventana de su cuarto, Ana ve pasar el tren todos los días. Un tren que nunca para, porque donde la niña vive no hay estación. Pero un día, el tren se detiene junto a la casa y Ana recibe la invitación de subir. Así, descubre que se trata de un tren muy especial: recorrerá países de todo el mundo, y además tendrá que resolver el misterio que encierran siete enigmáticas cajas azules.
Blog CEIP Miguel de Unamuno
Un tren cargado de misterios conta unha viaxe na que se reflicte a diversidade humana. Todos os viaxeitos deste estraño tren teñen algo en común: unhas historías que contar, contidas nunhas caixas azuis que Ana vai recibindo como agasallo en cada vagón.