Non hai noite tan longa



portada Non hai noite tan longa
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
Primeira edición: 2011
ISBN: 978-84-9914-252-4
Páxinas: 268

Descargas
1º Capítulo

Sinopse

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai fórzao a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. O encontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre.

Non hai noite tan longa é unha obra debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous períodos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI.

Traducións
Referencias
Premios
portada No hi ha nit tan llarga
Catalán
ISBN: 978-84-9026-137-8
Páxinas: 240
Editorial: Bromera

Tradución: Josep Franco Martínez
No hi ha nit tan llarga

Fa trenta anys que Gabriel Lamas no s’havia acostat pel seu poble. Ni tan sols quan va morir el pare, empresonat per un delicte que no havia comés però que va acabar pagant amb la vida. Ara, la mort de la mare l’obliga a tornar i a comprovar que les ferides són encara tan doloroses com quan va fugir, el 1970. Un encontre amb la presència de son pare a la desolada casa familiar li canviarà la vida per sempre.
Misteri i història es combinen magistralment en aquest relat fascinant, deutor de la novel·la negra, que ofereix una mirada crítica i àcida sobre la nostra societat durant els últims anys de la dictadura i els primers del segle xxi. Per damunt dels fets, plana un missatge esperançador sobre el futur i la recuperació de la dignitat de les persones. I és que, com va escriure Shakespeare, «no hi ha nit tan llarga que no acabe en dia».

  • Premio Losada Diéguez (Creación Literaria) 2012
  • Premio Redelibros ao mellor libro de ficción do 2011
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa 2011
  • Premio Irmandade do Libro ao mellor libro galego do ano 2011
  • Premio Ánxel Casal ao libro de ficción do ano 2011




Vanesa Oliveira. Blog Rosomil (2-2-2012)

O autor tece en Non hai noite tan longa, coa precisión dun orfebre, o alento emocional da Xeración do Medo. Poucos libros resultan tan recomendables coma esta novela que tan ben retrata a xente que padeceu as embestidas da Ditadura.