As fadas verdes



portada As fadas verdes
Ficha Técnica
Editorial: SM
Primeira edición: 1999
ISBN: 978-84-1318-356-5
Páxinas: 100
Colección: O barco de vapor
Ilustracións: Beatriz Castro

Sinopse

Unha novela centrada na amizade que manteñen Diana, unha nena de oito anos, e Goewin, unha pequena fada verde, a única da súa especie que sobrevive a un terrible incendio que arrasou o bosque onde vivía coas súas irmás, encargadas de protexer o lugar. A nena axúdalle á fada a recuperarse, para que poida seguir co seu traballo de preservación da natureza, aínda que iso signifique que ao final teñan que separarse.

A narración conta con importantes elementos simbólicos. A fada identifícase coa natureza cuxa conservación está ameazada por escuros intereses, ademais de representar a necesaria subsistencia do mundo da fantasía e a imaxinación. Diana encarna unha esperanzada proposta de futuro: un mañá mellor para todos.

Sétima edicion: 2020.

 

Traducións
Referencias
Premios
portada Las hadas verdes
Castelán
ISBN: 84-348-7078-9
Páxinas: 107
Editorial: SM
Ilustracións: Asun Balzola, Patricia Garrido
Tradución: Rafael Chacón
Las hadas verdes

Diana se levantó y fue corriendo a la ventana, que había dejado abierta por el calor. Asustada, subió la persiana, adivinando ya el espectáculo que iba a ver. Frente a ella, el monte del Castro ardía como su fuese una hoguera de gigantes.

portada Les fades verdes
Catalán
ISBN: 978-84-661-2128-6
Páxinas: 96
Editorial: Cruïlla
Ilustracións: Asun Balzola, Patricia Garrido
Tradución: Natalia Tomás
Les fades verdes

Aquell estiu tan sec, el foc crema la muntanya i fa desaparèixer les plantes, els animals i les fades verdes, encarregades de cuidar els boscos. Després del’incendi, la Diana puja fins a la roureda i hi troba la Goewin, una fada que ha quedat en molt mal estat. La nena l’ajuda a recuperar-se i es fan amigues. Així passen un estiu inoblidable.

  • Placa de Plata de El barco de Vapor no ano 2007.




Mª Jesús Fernández. CLIJ, Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil, nº 125 (maio, 1999)

O personaxe da fada identifícase coa natureza cuxa conservación está ameazada, e representa a necesaria pervivencia do mundo da fantasía e da imaxinación.