Intervención nos Encontros de Bibliotecas Escolares
(A foto é da autoría de Emilio Roca)
Os días 7 e 8 de marzo celebráronse no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2012-2013 (PLAMBE), organizados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Cultura, Educación e O. U.
Asistiron aos Encontros máis de cincocentas persoas, todas elas docentes que traballan na organización e dinamización da biblioteca escolar dos seus centros.
O programa desenvolvido ao longo dos dous días pode consultarse aquí.
A conferencia de clausura correspondeulle a Agustín Fernández Paz. O título da súa intervención foi «A construción do lector / Agora entramos nós». Nela desenvolveu algunhas das facetas do proceso de formación dos lectores, como poden ser a referida ás familias, ao papel dos centros educativos ou á relevancias das políticas públicas na promoción da lectura.
O texto da súa conferencia pódese ler neste PDF.
O vídeo que recolle a intervención de Fernández Paz, pode verse completo aquí.