Entrevista en Libro Aberto (TVG) sobre “Corredores de sombra”

Entrevista a Agustín Fernández Paz no programa Libro Aberto.

O programa Libro Aberto, da Televisión de Galicia, comezou a emitirse o 26 de setembro de 2006. Estaba presentado por Manuel Romón e dirixido por Luís Rei Núñez. No programa inaugural, o autor elixido foi Agustín Fernández Paz, coa novela Corredores de sombra, publicada na primavera daquel mesmo ano. Manolo  Romón e Fernández Paz manteñen unha longa conversa sobre este libro e sobre outras cuestións relacionadas coa escritura. Un club de lectura, a Lonxa Literaria de Moaña, achega as súas opinións sobre a novela escollida.

 

Entrevista en Libro Aberto (TVG) sobre “O único que queda é o amor”

Agustín Fernández Paz conversa con Manolo Romón en “Libro Aberto”

O programa Libro Aberto, da Televisión de Galicia, dedicou o seu espazo do 7 de xaneiro do 2008  a Agustín Fernández Paz e ao seu volume de relatos O único que queda é o amor, que en outubro dese mesmo ano recibiría o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil que concede o Ministerio de Cultura. Ademais da extensa conversa entre o presentador, Manuel Romón, e Fernández Paz, interveñen os membros do club de lectura Fórum, da cidade da Coruña.

 

Entrevista en Libro Aberto (TVG) sobre “Lúa do Senegal”

Entrevista con Agustín Fernández Paz sobre a novela Lúa do Senegal.

Na temporada 2009-10, o programa Libro Aberto, da Televisión de Galicia, iniciou unha nova xeira, con entrevistas realizadas en ambientes exteriores. O 15 de setembro dedicou o seu espazo a Agustín Fernández Paz e á súa novela Lúa do Senegal, publicada algúns meses antes. Ademais dunha breve reportaxe sobre Fernández Paz, Manolo Romón entrevista ao escritor no Mirador do Castro, na cidade de Vigo, coa ría e as illas Cíes ao fondo. A entrevista céntrase no tema da inmigración e tamén na importancia que teñen as historias na vida das persoas.

 

Entrevista no programa ZigZag

O 19 de setembro de 2011, no programa ZigZag diario, da Televisión de Galicia, Agustín Fernández Paz mantivo unha conversa con María Solar, a directora do espazo. Na entrevísta, ademais de falar dos libros publicados polo autor, faise referencia ao Premio Iberoamericano SM de LIJ, que AFP viña de obter e que recollería dous meses máis tarde na FIL de Guadalajara (México).

Planeta Cine: as películas de AFP

No espazo Planeta Cine, un programa que emite a Televisión de Galicia, o día 5 de decembro do 2009 incluíu unha breve entrevista con Agustín Fernández Paz. Nela, o escritor lembra os seus primeiros contactos co cine e salienta algúns dos seus filmes favoritos.