Reportaxe no programa «Zigzag» (TVG) sobre os novos libros de Agustín Fernández Paz

O pasado día 2 de xuño, o programa cultural «Zigzag», que emite a diario a Televisión de Galicia, dedicou unha breve reportaxe  onde se informaba dos tres últimos libros publicados por Agustín Fernández Paz en distintas coleccións de Edicións Xerais: «A viaxe de Gagarin» (na colección Narrativa), «A neve interminable» (na colección Fóra de Xogo») e «O segredo da Illa Negra» (na colección Sopa de Libros)

Velaquí o vídeo da reportaxe:

.

Entrevista / reportaje en el programa «Zigzag»-TVG2 (4-4-2015)

El programa cultural «Zigzag» de TVG2, emitió el pasado 4 de abril una entrevista / reportaje sobre el libro Amizades secretas, que Agustín Fernández Paz acaba de publicar en Rodeira-Edebé. Los responsables del programa lo presentaron en su web con estas palabras :

Nueva obra de uno de los grandes autores gallegos de literatura infantil: Agustín Fernández Paz. La fascinación de los niños y niñas por los animales es el eje de Amizades secretas, una narración que tiene la originalidad de estar contada desde una doble perspectiva: la de la familia de los ratones y la de las personas.

La entrevista / reportaje puede verse completa en este enlace.

«A construción do lector»: intervención de Agustín Fernández Paz

Os días 7 e 8 de marzo de 2013, celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, aos que asistiu o profesorado responsable das bibliotecas dos 504 centros integrados neste programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia. O programa deséñao e coordínao o Servizo de Bibliotecas Escolares.

Agustín Fernández Paz desenvolveu a conferencia de clausura dos Encontros. Co título «A construción do lector / Agora entramos nós» tratou algúns dos temas esenciais no proceso de promoción e práctica da lectura no ámbito escolar: desde a importancia dos mediadores ata o papel crucial da lectura na formación das persoas, pasando pola necesidade de contar cunha nutrida selección de libros, axeitada ás diferentes fases do proceso lector. O texto que guiou a súa intervención pode lerse neste PDF

Neste vídeo, recóllese a totalidade da conferencia:

Agustín Fernández Paz: A construción do lector from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Entrevista no programa «Eirado» (TVG, 1-12-2012)

No programa Eirado, emitido na TVG o pasado 1 de decembro, Pemón Bouzas mantivo unha extensa conversa con Agustín Fernández Paz. A entrevista xirou, en grande medida, arredor de O rastro que deixamos, o libro que o escritor vén de publicar hai unhas semanas en Edicións Xerais. Estruturado en dúas partes, «As paisaxes da memoria» e «O oficio de escribir», o libro mestura textos ensaísticos con outros de ficción.

Entrevista a Agustín Fernández Paz, no programa Zigzag, da TVG-2 (19-11-2012)

Na conversa que manteñen o escritor e María Solar, a condutora do programa, fan referencia ao Premio da Crítica Galicia 2012, que AFP vén de recibir, no apartado de Creación Literaria, pola súa novela Fantasmas de luz. Comentan logo o feito de ser nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Así mesmo, tamén se fai referencia ao seu novo libro, O rastro que deixamos.

Publicado o 19/11/2012 17:38