Reportaxe no programa “Zigzag” (TVG) sobre os novos libros de Agustín Fernández Paz

O pasado día 2 de xuño, o programa cultural “Zigzag”, que emite a diario a Televisión de Galicia, dedicou unha breve reportaxe  onde se informaba dos tres últimos libros publicados por Agustín Fernández Paz en distintas coleccións de Edicións Xerais: “A viaxe de Gagarin” (na colección Narrativa), “A neve interminable” (na colección Fóra de Xogo”) e “O segredo da Illa Negra” (na colección Sopa de Libros)

Velaquí o vídeo da reportaxe:

.

Interview / Report on the TVG2 Programme “Zigzag” (4-4-2015)

On 4th April TVG2’s cultural programme “Zigzag” broadcast an interview/report on the book Amizades secretas (‘Secret Friendships’), which Agustín Fernández Paz has just published with Rodeira-Edebé. The programme’s producers presented the story on their website as follows:

A new work by one of the great Galician authors of children’s literature: Agustín Fernández Paz. The fascination boys and girls have for animals is the crux of Amizades secretas, an original narration with a dual perspective: that of a family of mice and that of the humans.

Click on this link to see the complete interview/report (in Galician).

“A construción do lector”: intervención de Agustín Fernández Paz

Os días 7 e 8 de marzo de 2013, celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, aos que asistiu o profesorado responsable das bibliotecas dos 504 centros integrados neste programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia. O programa deséñao e coordínao o Servizo de Bibliotecas Escolares.

Agustín Fernández Paz desenvolveu a conferencia de clausura dos Encontros. Co título “A construción do lector / Agora entramos nós” tratou algúns dos temas esenciais no proceso de promoción e práctica da lectura no ámbito escolar: desde a importancia dos mediadores ata o papel crucial da lectura na formación das persoas, pasando pola necesidade de contar cunha nutrida selección de libros, axeitada ás diferentes fases do proceso lector. O texto que guiou a súa intervención pode lerse neste PDF

Neste vídeo, recóllese a totalidade da conferencia:

Agustín Fernández Paz: A construción do lector from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Entrevista no programa “Eirado” (TVG, 1-12-2012)

No programa Eirado, emitido na TVG o pasado 1 de decembro, Pemón Bouzas mantivo unha extensa conversa con Agustín Fernández Paz. A entrevista xirou, en grande medida, arredor de O rastro que deixamos, o libro que o escritor vén de publicar hai unhas semanas en Edicións Xerais. Estruturado en dúas partes, “As paisaxes da memoria” e “O oficio de escribir”, o libro mestura textos ensaísticos con outros de ficción.

Entrevista a Agustín Fernández Paz, no programa Zigzag, da TVG-2 (19-11-2012)

Na conversa que manteñen o escritor e María Solar, a condutora do programa, fan referencia ao Premio da Crítica Galicia 2012, que AFP vén de recibir, no apartado de Creación Literaria, pola súa novela Fantasmas de luz. Comentan logo o feito de ser nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Así mesmo, tamén se fai referencia ao seu novo libro, O rastro que deixamos.

Publicado o 19/11/2012 17:38