Videoteca AELG: Lectura de “Corredores de sombra”

Este vídeo encádrase na ampla videoteca que a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) vén formando desde hai anos, co propósito de recoller a voz e a imaxe dos seus membros. Nesta gravación, Fernández Paz le un breve fragmento da súa novela Corredores de sombra.

Videoteca AELG: Entrevista sobre o oficio de escribir

Este vídeo forma parte da ampla videoteca que a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) vén formando desde hai anos, coa intención de recoller a voz e a imaxe dos seus membros. Nesta breve entrevista, Fernández Paz conta os seus primeiros pasos como escritor e salienta a estreita conexión entre a lectura e a escritura.

Entrevista na Feria Internacional del Libro de Guadalajara

Breve gravación, realizada dun xeito informal, feita ao finalizar o acto de entrega do VII Premio Iberoamericano SM de LIJ, no marco da Feria Internacional del Libro de Guadalajara (México), o 29 de novembro do 2011.

Nela, Fernández Paz expón a súa opinión sobre as relacións entre Internet e a promoción da lectura.

«Leer para transformar el mundo». Discurso de Agustín Fernández Paz na FIL de Guadalajara (México)

Nesta gravación recóllese o discurso que, co titulo Leer para transformar el mundo, pronunciou Agustín Fernández Paz no acto de recepción do VII Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil SM, no marco da FIL de Guadalajara (México), o 29 de novembro de 2011. O texto do discurso pode lerse aquí [e poñer o enlace que leve ao ensaio]

Gravación realizada por Xulio Abollo.
Medio: Youtube
Vídeo: Brétemas Blog

Agustín Fernández Paz fala sobre “O rastro que deixamos”

Entrevista sobre O rastro que deixamos (A Coruña, agosto 2012)

Nesta gravación, realizada durante a celebración da Feira do Libro da Coruña en agosto do 2012, Agustín Fernández Paz fala sobre os contidos e intencións do seu libro O rastro que deixamos, que estaba a piques de se publicar. Neste libro, o autor recolle diversos textos autobiográficos e outros onde reflexiona sobre o oficio de escribir.

(A gravación foi realizada por Alfredo Ferreiro, para Blogaliza TV)