Entrevista no programa «Eirado» (TVG, 1-12-2012)

No programa Eirado, emitido na TVG o pasado 1 de decembro, Pemón Bouzas mantivo unha extensa conversa con Agustín Fernández Paz. A entrevista xirou, en grande medida, arredor de O rastro que deixamos, o libro que o escritor vén de publicar hai unhas semanas en Edicións Xerais. Estruturado en dúas partes, «As paisaxes da memoria» e «O oficio de escribir», o libro mestura textos ensaísticos con outros de ficción.