A dama da luz



portada A dama da luz
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
Primeira edición: 2009
ISBN: 978-84-9914-024-7
Páxinas: 40
Ilustracións: Jorge Magutis

Sinopse

Marta coñece un segredo que lle contou o seu avó, un segredo que explica o brillo que percibe no rostro e nas miradas das persoas coas que se cruza. Ese enigmático segredo ten que ver coa aparición na cidade, moitos anos atrás, da misteriosa Dama da Luz, unha estraña muller que irradiaba unha poderosa enerxía, unha muller que o avó contribuíu a salvar. Naquela aventura, o avó de Marta coñeceu lugares misteriosos, como a Casa do Outeiro ou a mítica illa de San Brandán, así como criaturas fantásticas que poboan vellas lendas e personaxes crueis e ambiciosos como o Home das Sombras.

Neste álbum recréase literariamente o ciclo da vida e a eterna loita entre o Inverno e a Primavera, recorrendo a unha atmosfera máxica, de misterio e lenda, cun desenlace simbólico e esperanzador.

Traducións
Referencias
Premios




Gracia Santorum. Blog Trafegando Ronseis (7-10-2009)

Fermoso libro, fermoso texto, fermosa historia, fermosas ilustracións. A dama da Luz é unha xoia bibliográfica que debemos ter nos nosos andeis.