Zeralda e o Dragón



portada Zeralda e o Dragón
Ficha Técnica
Editorial: Editorial Galaxia
Primeira edición: 2012
ISBN: 978-84-9865-465-3
Páxinas: 50
Colección: Árbore
Ilustracións: Fran Jaraba

Sinopse

Nova versión de O tesouro do dragón Smaug, que o autor publicara en 1992. O terrible dragón Moghur ten aterrorizada a xente da comarca, pois ataca de cada pouco os seus habitantes e rouba canto haxa de valor. Zeralda, a princesa de Moebia, decide vingarse del. Mentres o monstro dorme, róuballe o tesouro que gardaba na súa cova. Daquela, o dragón, coa axuda do Bruxo Vello, convértese nun mozo garrido, o príncipe Xabrín, coa intención de enganar a Zeralda cos seus encantos.

Un conto que segue o modelo dos relatos clásicos marabillosos, tanto na temática como na estrutura e nas fórmulas narrativas, e no que destaca o rol protagonista concedido á princesa.

Traducións
Referencias
Premios




Ramón Nicolas. Blog Caderno da Crítica

Un texto pouco ortodoxo, subversivo en canto a asignación de roles e valioso polas innovacións e a decidida ruptura con estereotipos que proxecta.