Desde unha estrela distante


Ficha Técnica
Editorial: Edicións XeraisPrimeira edición: 2013
ISBN: 978-84-9914-492-4
Páxinas: 162
Colección: Sopa de libros
Ilustracións: David Pintor
Sinopse
Daniela, unha nena de nove anos, está pasando uns días na casa da súa avoa, en Mondoñedo. Mandárona alí mentres a súa familia baleira o piso onde vivían en Lugo e fai a mudanza para a nova casa de Vigo, a cidade onde van residir de alí en diante.
Unha tarde, Daniela sobe ao faiado, para explorar o que hai nel. Ao abrir un vello baúl ateigado de libros, leva o susto máis grande da súa vida. Do interior do baúl sae un rato, decidido a falar con ela en diferentes linguas. Un rato que tamén pode transformarse nun esquío, nun mono, nun gato… En realidade, trátase dun extraterrestre, enviado á Terra para estudiar como somos as persoas. Poderán chegar a entendérense dous seres tan diferentes?
Para ler as primeiras páxinas do libro, pode facerse aquí.

Catalán
ISBN: 978-84-9026-170-5Páxinas: 118
Editorial: Bromera
Ilustracións: Alberto Pieruz
Tradución: Josep Franco Martínez
Des d’una estrella distant
Daniela no esperava trobar-se un ratolí a casa de l’àvia, i menys encara que parlara! En realitat, és un extraterrestre enviat des d’una estrella llunyana amb una missió: estudiar les persones i descobrir què poden aportar a la civilització –avançadíssima– del seu planeta. Quina deu ser la principal riquesa dels humans?

Castelán
ISBN: 978-84-678-4044-5Páxinas: 164
Editorial: Anaya
Ilustracións: David Pintor
Tradución: Isabel Soto
Desde una estrella distante
Daniela pasa unos días en casa de su abuela, antes de ir a vivir junto a su familia a una nueva ciudad. Una tarde sube al desván a explorar y allí se llevará el susto de su vida. Al abrir un baúl, aparece un ratón decidido a hablar con ella y que, en realidad, ¡es un extraterrestre! ¿Será posible que dos seres tan diferentes lleguen a entenderse?

