Entradas de] Agustín Fernández Paz

«O sal da terra» e a Caza de Bruxas

O sal da terra (Sal of the Earth, de Herbert J. Biberman, 1954)   Unha película clandestina. Durante moitos anos, O sal da terra foi para min unha desas películas que sempre se citaban nos libros de historia do cine, mais da que nunca atopara rastro ningún. Se, como souben despois, foi un filme boicoteado, […]

«Se estou aquí é por ela»

A estatua de Rosa Parks xa está no Capitolio dos EE UU Hai uns días, o pasado 27 de febreiro, Barack Obama descubría a estatua a tamaño natural de Rosa Parks (1913-2005), unha escultura instalada no Salón Nacional das Estatuas do Capitolio, a primeira dunha persoa negra que forma parte del. Malia estar decidida a […]

Con Rosalía, en Xixón

Cantares Gallegos (Rosalía de Castro, 1863) Debeu de ser aló polo 1965 ou 1966, non lembro ben a data, cando puiden ler enteiro o libro Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Daquela eu estudaba Peritaxe Industrial na Universidade Laboral de Xixón, uns estudos que me ocupaban case todas as horas do día. Mais tamén me […]

Ser nena no Senegal

Moolaadé (Ousmane Sembene, 2004)   Como cheguei a Moolaadé. No ano 2009 publiquei a miña novela Lúa do Senegal. Foi un dos libros sobre os que máis, e durante máis tempo, me documentei. Non lembro cando iniciei o proceso, para o caso tanto ten, mais si direi que era imprescindible. Se ía contar unha historia […]

Seis lembranzas e unha narración

(Imaxe aérea do Campus de As Lagoas-Marcosende. Universidade de Vigo) A través dun chío de Carta Xeométrica, souben hoxe que o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo subira á Rede o vídeo do meu discurso do pasado 28 de xaneiro, no acto de investidura como doutor honoris causa. Foi unha sorpresa […]