Entradas de] Agustín Fernández Paz

Para que ninguén sexa escravo

Da Gramática da fantasía aos Contos por teléfono (Gianni Rodari)  «Eu agardo que estas páxinas lle poidan ser igualmente útiles a quen cre na necesidade de que a imaxinación ocupe un lugar na educación; a quen coñece o valor de liberación que pode ter a palabra. “O uso total da palabra para todos” paréceme un […]

Estraña e amarga colleita

«Strange fruit» («Froito estraño»). Billie Holiday, 1939 A inmensa Billie Holiday Tardei moito, demasiado, en achegarme de xeito consciente ás extraordinarias creacións de Billie Holiday. Sabía da súa existencia e érame doado recoñecer a súa voz tan singular. Mais, por unha razón ou por outra, nunca a escoitara de xeito sistemático. Creo que foi en […]

Un mundo de palabras

(En Copenhague, a carón da Sereíña que naceu no conto de Andersen) 2 de abril de 2013: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. Hoxe, 2 de abril, celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. É unha celebración promovida pola organización IBBY (International Board on Books for Young People), […]

Nunca é tarde para lembrar

A caixa de música (Music Box. Constantin Costa-Gavras, 1989) Xa é tarde para evitar o que pasou, mais nunca é tarde para lembrar o que pasou. Estas palabras inesquecibles, ditas pola avogada que a protagoniza, pertencen á película A caixa de música, que Costa-Gavras realizou en 1989 pero que podería estar filmada onte mesmo, porque […]

108 anos sen Verne

(Imaxe: monumento ao Capitán Nemo, en Cesantes, na Ría de Vigo. Atlántico Diario) O inesquecible Jules Verne finou en Amiens o 24 de marzo de 1905, á idade de 77 anos. Xa que logo, hoxe hai 108 anos que nos deixou o escritor que alimentou as miñas fantasías infantís, na Vilalba dos anos cincuenta, o […]