Entradas de] Agustín Fernández Paz

A alegría de escribir

A POESÍA DE WISLAWA SZYMBORSKA «Todos os meus poemas nacen do amor. Mesmo diría que todos os poemas nacen do amor; incluso aqueles que transmiten o mal teñen no fondo unha forma de amor ao mundo. Estou totalmente convencida…» «Se a vida cotiá che parece pobre, non a culpes. A culpa é túa. Non es […]

A casa de Norman Bates

PSICOSIS (Psycho) de Alfred Hitchcock (1960)  Ben sei que Psicosis non é a mellor das películas de Alfred Hitchcock, nin para a crítica nin para min (por diante dela sempre poñerei Vértigo, Con la muerte en los talones ou La sombra de una duda, por citar só tres). Unha película que Hitchcock tivo que facer […]

Fantasmas en Comala

PEDRO PÁRAMO, de Juan Rulfo (1955) Lin esta novela no ano 1973, cando a editorial Planeta publicou unha edición que contiña os dous grandes libros do mexicano Juan Rulfo: Pedro Páramo e El llano en llamas. Era unha edición económica, algo esencial naquel ano da miña vida, e non había prólogo nin nota ningunha que […]

«Popotitos»: cancións para un tempo gris

Popotitos, de Los Teen Tops (1960) Debeu de ser polo ano 1963. Eu estaba interno na Universidade Laboral de Xixón e, como xa contei máis veces, a un bo grupo de compañeiros gustábanos moito a música dos grupos musicais que comezaban a saír; en realidade, calquera conxunto que usase guitarras eléctricas: The Shadows, The Sputniks […]

Os tempos sombríos han quedar atrás

O último número da revista Encrucillada,  (nº 182. marzo-abril, 2013) recolle diferentes ensaios que analizan diversas facetas da realidade galega de hoxe. No «Guieiro» introdutorio, afírmase, entre outras cousas: Galicia está vivindo nos últimos anos as devastadoras consecuencias que tivo a irresponsable campaña electoral de Núñez Feijoo fronte ao bipartito. Abriuse a caixa dos tronos […]