Entradas de] Agustín Fernández Paz

Contra a violencia e a inxustiza

Hoxe, día 30 de xaneiro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Paz e Non Violencia, conmemorando a data do pasamento de Mahatma Gandhi. Esta conmemoración coincide no tempo coa proliferación de noticias que camiñan en dirección contraria: desde a colocación das infames «concertinas» nos valados de Ceuta e Melilla ata o brutal […]

Solsticio de inverno

(A fotografía é da autoría de Inmaculada Reino. Aldea nos Ancares bercianos, arredor de 1980) Hoxe, 21 de decembro, comeza oficialmente a estación do inverno. Adoita identificarse a primavera como a estación do amor. Mais, desmentindo a primavera, é bo lembrar que, para o amor, calquera tempo é o axeitado. Tamén o de inverno. Así […]

Tempo de guerra, tempo de paz

Turn!, Turn!, Turn! e Mr. Tambourine Man (The Byrds, 1965)  A mediados da década dos sesenta, eu era un adolescente fanático dos grupos musicais que daquela estaban a poñer os peares de todo o que viría despois. Xa deixei testemuña neste blog da miña admiración por grupos como The Spencer Davies Group, The Kinks, The […]

Entrevista con AFP na web da Fundación Cuatrogatos

A Fundación Cuatrogatos, radicada en Miami, é unha organización orientada á promoción da lectura e á difusión da literatura infantil e xuvenil, con ampla difusión en Latinoamérica. Na súa web, veñen de publicar unha extensa entrevista con Agustín Fernández Paz, co títular «La realidad y la fantasía son un continuo». A entrevista completa pode lerse […]

Este vaise e aquel vaise

Emigrantes, de Shaun Tan (Barbara Fiore Editora, 2007) Case todos os días, camiño desde a miña casa ata a Estación Marítima de Vigo. Fronte a ela hai unha escultura de Ramón Conde, a figura dun emigrante que, coa súa maleta de madeira, se dispón a entrar na Estación para embarcar rumbo a América nalgún dos […]