Entradas de] Agustín Fernández Paz

Paco Ibáñez canta a Neruda

Paco Ibáñez interpreta a Pablo Neruda (Paco Ibáñez, 1977) Un disco extraordinario No ano 1977, a miña dona e mais eu viviamos en Gernika, onde dabamos clase no Colexio Público “Allende Salazar” e, pola noite, iamos á ikastola a aprender os rudimentos do eusquera. Aquel ano apareceu un disco extraordinario, que mercamos decontado. O malo […]

Non convén chorar máis

Sombra do aire na herba  (Luis Pimentel, 1959) Lin este libro no inverno de 1969, durante os meses en que o goberno de Franco impuxo un estado de excepción en toda España. Daquela eu facía as prácticas das milicias no Cuartel de Cabalería de Garabolos, en Lugo. E púideno ler porque mo prestou unha boa […]

O autobús de Rosa

El autobús de Rosa (Fabrizio Silei e Maurizio A. C. Quarello, 2011)  De vivir, Rosa Parks faría hoxe os cen anos.  A fotografía que encabeza este post ten xa un alcance universal. E a muller que aparece sentada en primeiro plano, ollando para o exterior a través dunha xanela do autobús, xa se converteu nun […]

Unha noite con The Animals

The House of  the Rising Sun (The Animals, 1964) Debeu de ser no ano 1965. Daquela eu estaba interno na Universidade Laboral de Xixón e, coma outros compañeiros meus, deveciamos polas cancións dos grupos musicais, con preferencia dos estranxeiros, aínda que tamén valorabamos os que foran agromando en España, como Mustang, Sirex, Brincos ou Salvajes. […]

Dous relatos mínimos

(A fotografía desta entrada é da autoría de Inmaculada Reino) O texto que lin o pasado día 28 na Universidade de Vigo, na sesión de investidura como Doutor Honoris Causa, era ben máis extenso en borrador. Ao final, incluía dúas breves narracións, das que finalmente só lin unha. Reproduzo aquí a que descartei («Un caso […]