Entradas de] Agustín Fernández Paz

Tres poemas de amor

Xa o escribín nun post anterior: José Ángel Valente é un poeta inesgotable, nunca deixarei de abraiarme ante a fondura da súa obra. O tema do amor aparece en case todos os seus libros, nalgúns case de xeito monográfico (coma tal, Mandorla). Non vexo mellor xeito de comezar o ano 2013 que copiar aquí tres dos […]

Un conto de Nadal

Aló polo 20 de decembro, un xornalista de La Voz de Galicia pediume un conto de Nadal que, finalmente, apareceu publicado na contraportada do diario do día 23, cunha ilustración de Abraldes. Aceptar a encarga foi un atrevemento, porque prefiro sempre escribir o que me pida o corpo e porque nun conto deste tipo está […]

A casa de Gregor Samsa

A metamorfose (Die Verwandlung, 1912), de Franz Kafka Para falar deste libro debo retroceder ao curso 1966-67, cando estaba a facer os estudos de Peritaxe Industrial na Universidade Laboral de Xixón. Un grupo de compañeiros adoitabamos reunirnos de cando en vez para comentarmos algúns libros que nos interesaban (algo semellante ao que hoxe lle chamariamos […]

«Ordet»: un milagre cinematográfico

Ordet (1955), de Carl Theodor Dreyer Debía de ser o ano 1964, non o sei con exactitude. Eu estaba interno na Universidade Laboral de Xixón, que contaba cunha sala de cine magnífica e cunha pantalla de grandes dimensións. Tiñamos proxección todos os domingos; unha película das do circuíto comercial, era un dos mellores momentos da […]

«Ardalén»: excepcional e inesgotable

Ardalén, de Miguelanxo Prado (2012) «É este vento, o Ardalén, que vén do outro lado do océano, chega cargado de recordos doutras vidas… doutras mortes. Hai quen, coma ti, se enchoupa como esponxa deses recordos alleos.» Pido desculpas, porque vou incumprir unha das regras que me impuxen na primeira entrada deste blog (Intencións). Alí prometín […]