“Oito doas para San Simón”, discurso de Agustín Fernandez Paz.
Discurso de Agustín Fernandez Paz.
XXVIº Premios Xerais.
06/06/09
Na Illa de San Simón
Redondela, Vigo
Discurso de Agustín Fernandez Paz.
XXVIº Premios Xerais.
06/06/09
Na Illa de San Simón
Redondela, Vigo
Entrevista a Agustín Fernández Paz para o portal Cultura Galega, do Consello de Cultura Galega.
Entrevista no programa “Eirado”, da TVG, que dirixe e presenta Pemón Bouzas. Emitiuse o 30 de xuño de 2012.
O escritor Agustín Fernández Paz fala da reedición de “Aire negro”, unha das súas novelas máis gabadas, unha intensa e desacougante historia de amor, narrada cun uso maxistral do suspense e da intriga.
Agustín Fernández Paz foi galardoado o ano pasado co VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil, en recoñecemento pola súa extensa obra narrativa.
No ano 2008, Martin Pawley gravou este vídeo no domicilio de AFP para incluílo nunha serie “Os filmes de…” que estaba a realizar no seu blog Dias Estranhos. No vídeo, Fernández Paz explica brevemente o porqué da elección das súas cinco películas preferidas.
Unha relación máis completa pode verse no texto “Vinte filmes (1): Agustín Fernández Paz”, no novo blog de Martin Pawley, Acto de Primavera.
Este vídeo encádrase na ampla videoteca que a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) vén formando desde hai anos, co propósito de recoller a voz e a imaxe dos seus membros. Nesta gravación, Fernández Paz le un fragmento do relato “Esta estraña lucidez”, pertencente ao libro O único que queda é o amor.