Dobre galardón para AFP na selección «Os mellores do 2012»

Nos primeiros días deste mes de xaneiro, a comunidade lectora de Fervenzas Literarias fixo públicos os seus premios anuais, que recollen os que, a xuízo dos internautas e lectores do portal, son os mellores libros e os feitos literarios máis salientables do ano 2012.

No apartado de Libro de Ensaio, o elixido foi O rastro que deixamos, a obra máis recente de Agustín Fernández Paz.

No apartado de Mellor Autor do ano, a persoa elixida foi Agustín Fernández Paz.

A lista completa dos premiados pode verse na web de Fervenzas Literarias.

(A foto inicial, dos anos cincuenta, permítenos ver, ao fondo, o barrio d’As Fontiñas, en Vilalba)