Pemón Bouzas fala con Agustín Fernández Paz, sobre “Aire negro” (TVG)
Entrevista no programa “Eirado”, da TVG, que dirixe e presenta Pemón Bouzas. Emitiuse o 30 de xuño de 2012.
O escritor Agustín Fernández Paz fala da reedición de “Aire negro”, unha das súas novelas máis gabadas, unha intensa e desacougante historia de amor, narrada cun uso maxistral do suspense e da intriga.
Agustín Fernández Paz foi galardoado o ano pasado co VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil, en recoñecemento pola súa extensa obra narrativa.