Un radiante silencio



portada Un radiante silencio
Ficha Técnica
Editorial: Anaya
Primeira edición: 2006
ISBN: 84-667-5205-6
Páxinas: 70
Ilustracións: Pablo Auladell

Sinopse

Sara é unha executiva que traballa nun dos principais bancos da cidade e que non está satisfeita coa vida que leva. Unha libraría nova instálase no seu barrio, e Sara decide visitala. Acaba facéndoo a diario, e non tarda en descubrir, distribuídas polos volumes dos andeis, unhas tarxetas anónimas dirixidas a ela. Así descubrirá o amor que medra e se manifesta a través das palabras ocultas entre as páxinas dos libros. Mais nunca chegará a saber quen lle envía aquelas mensaxes amorosas.

Unha delicada historia de amor na que dúas vidas se cruzan por azar. A poesía, os libros e a librería son indiscutibles protagonistas deste relato, no que se dialoga con textos de autores como o poeta José Ángel Valente ou figuras como Paul Auster, Pablo Neruda ou W.B. Yeats.

Este relato foi incluído posteriormente no libro O único que queda é o amor.

Traducións
Referencias
Premios