Trece anos de Branca



portada Trece anos de Branca
Ficha Técnica
Editorial: Rodeira
Primeira edición: 1994
ISBN: 978-84-96352-52-0
Páxinas: 123


Sinopse

Aos trece anos, Branca contrae unha hepatite que a obriga a gardar repouso absoluto durante dous meses. Para pasar o tempo, e animada pola súa nai, comeza a facer un álbum de fotos. As vivencias esquecidas que lle devolven as fotografías permitiranlle evocar toda a súa vida: as experiencias vividas nos anos de infancia, as relacións familiares, os amigos, o descubrimento de sentimentos tan cruciais como o amor, os medos, as incertezas…

Este libro ofrece un excelente retrato dunha moza adolescente, trazado con gran sensibilidade e penetración psicolóxica, e escrito nun estilo sinxelo e depurado. Un relato cheo de autenticidade e tenrura, no que destaca, ademais, a súa orixinal construción a modo de puzle, que provoca o interese na persoa que o le e incítaa a  proseguir para poder completar o universo da protagonista.

Traducións
Referencias
Premios
portada Albak hamahiru urte
Éuscaro
ISBN: 84-8331-762-1
Páxinas: 110
Editorial: Elkarlanean

Tradución: Iñaki Ugarteburu
Albak hamahiru urte

13 urte betetzean oparitu dioten albumean bere argazki maiteenak ipintzen hasiko da Alba: eskolan txangoa egin zutenekoa, Loisen usategira joan zenekoa… eta argazki hauen bitartez ezagutuko dugu Albaren eta bere ingurukoen bizitza: gurasoen gorabeherak, eskolako kontuak, lehenengo amodioaren deskubrimendua…

portada Trece años de Blanca
Castelán
ISBN: 978-84-236-7678-1
Páxinas: 130
Editorial: Edebé

Tradución: Rosa M. Vilariño
Trece años de Blanca

Blanca está enferma con hepatitis. Desde hace nueve días guarda cama y la han obligado a hacer reposo absoluto durante cinco o seis semanas. ¡Una eternidad! Encima le toca pasar su cumpleaños así, y es un cumpleaños importante: trece años. Ese día le regalan un álbum de fotos y su madre le propone que lo complete para no aburrirse.

portada Tretze anys de Blanca
Catalán
ISBN: 978-84-236-8295-9
Páxinas: 97
Editorial: Edebé

Tradución: Pau Joan Hernández
Tretze anys de Blanca

Aquest recull de records, sincer i entranyable, ens permet d’anar coneixent com és i com ha estat la vida de la Blanca, una noia de tretze anys. La seva infantesa, la seva forma de viure, els problemes dels seus pares, l’escola, el primer amor… són escenes que es van succeint gràcies a l’efecte evocador d’unes fotografies.

  • Premio Edebé de Literatura Xuvenil 1994




CLIJ. Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil, nº 62

Excelente retrato de rapaza adolescente, trazado con gran sensibilidade e penetración psicolóxica. Un relato cheo de autenticidade e tenrura, no que destaca a súa orixinal construción a xeito de puzle, que provoca o interese do lector e incítao a seguir lendo.