Ficha Técnica
Editorial: Edicións XeraisPrimeira edición: 1993
ISBN: 84-9782-360-5
Páxinas: 58
Colección: Merlín
Ilustracións: Óscar Villán
Sinopse
Desterrar algúns medos infantís adoita ser complicado, sobre todo se non teñen outra causa que a imaxinación inesgotable dunha nena. Mariña, a protagonista desta historia, está convencida de que o longo e escuro corredor da súa casa se encontra invadido por unhas estrañas sombras que durante o día viven no interior das paredes, mais que saen delas en canto chega a noite. Ninguén na súa familia a cre, polo que Mariña terá que esforzarse en conseguir probas que lle dean a razón.
Con este relato, centrado nun problema do ámbito cotián, o autor trata de conxurar un dos medos máis frecuentes na nenez: o temor á escuridade, sempre poboada de ameazadores perigos. A historia desenvólvese a través dun texto sinxelo e ben resolto, sempre baixo un enfoque no que predomina o humor.
Castelán
ISBN: 84-96514-61-7Páxinas: 59
Editorial: Algar
Ilustracións: Óscar Villán
Tradución: Soledad Carreño Albín
Fantasmas en el pasillo
Marina sabe que en el pasillo de su casa hay fantasmas. Ella los ve todas las noches cuando va al baño, y pasa mucho miedo. El problema es que el resto de su familia no la cree. Si pudiera fotografiarlos…
Catalán
ISBN: 978-84-9824-000-9Páxinas: 59
Editorial: Bromera
Ilustracións: Óscar Villán
Tradución: Josep Franco Martínez
Fantasmes al passadís
Marina sap que al corredor de sa casa hi ha fantasmes. Ella els veu totes les nits quan va al bany, i passa molta por. El problema és que la resta de la familia no la creu. Si poguera fotografiarlos…
Gabriel García de Oro. Revista Babar (11-6-2006)
Fantasmas no corredor é unha obra delicada que narra o rico mundo interior de Mariña, unha nena convencida de que no corredor da súa casa se agochan uns fantasmas. (…) Agustín Fernández Paz consegue nun espazo tan reducido como un corredor escribir un bo texto, divertido, e que se acaba case como sen querer.