O segredo da Illa Negra





portada O segredo da Illa Negra
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Primeira edición: 2015
ISBN: 978-84-9914-847-2
Páxinas: 120
Colección: Sopa de Libros
Ilustracións: Miguelanxo Prado


Traducións
Sinopse

Os dous extensos relatos contidos neste libro están narrados seguindo as pautas dos contos marabillosos da tradición oral, con elementos propios dos contos de medo e misterio.

O que dá título ao libro, «A serea da Illa Negra», é o máis extenso. Conta a historia de Sara, unha nena que vive nunha aldea da beiramar. O seu irmán Uriel, mariñeiro coma o seu pai, vai botar as redes nas augas próximas á Illa Negra, onde habita unha cruel Serea, que non tarda en collelo prisioneiro. Entón Sara decide navegar ata a illa para liberar a Uriel, contando coa única axuda de tres buguinas máxicas.

No outro relato, «A maldición da néboa», a protagonista tamén é unha nena, Branca, que vive cos seus pais nunha granxa dun afastado val. Cando unha estraña néboa, a Néboa Negra, anega as terras do val, todos os seres vivos semellan morrer. Todos agás Branca, posuidora dun tríscele máxico que a protexe. A nena emprende unha longa viaxe ata a Torre dos Corvos, onde intúe que pode estar a raíz do mal. Alí deberá enfrontarse a difíciles situacións, coa única axuda do seu máxico tríscele.





Traducións