Corazón de pedra





portada Corazón de pedra
Ficha Técnica
Editorial: Oxford
Primeira edición: 2011
ISBN: 978-84-673-5800-1
Páxinas: 128
Ilustracións: Federico Delicado


Traducións
Sinopse

Brenda sente fascinación polos dragóns. Leu moitos libros sobre eles e sabe moi ben como eran, mais non consegue entender por que se extinguiron e xa non poboan o mundo dos humanos.

Nas vacacións de verán, Brenda e os seus pais instálanse nunha casa rural, onde tamén reside un hóspede misterioso que permanece atento a todo canto fai a nena.

Brenda non tarda en saber que, en tempos antigos, un fero dragón habitou naquela comarca e foi vencido por un misterioso bruxo. Un día, ao se internar nun bosque próximo, Brenda fai unha descuberta sorprendente. Ese achado será o inicio dunha aventura que nos lembrará o poder que ten a fantasía para cambiar as nosas vidas.





Traducións





Armando Requeixo. Blog Criticalia (8-5-2012)

Non cabe dúbida ningunha de que Corazón de pedra é unha atractiva historia, chea de fascinación e escrita co pulso e saber dun dos nosos autores máis brillantes.