Contos por palabras



portada Contos por palabras
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
Primeira edición: 1991
ISBN: 978-84-8302-634-2
Páxinas: 126
Colección: Merlín
Ilustracións: Enjamio

Sinopse

Orixinal conxunto de contos breves, de temática diversa, escritos utilizando un variado abano de técnicas narrativas. Os relatos teñen como nexo común que todos eles están baseados nos anuncios por palabras que aparecen na prensa. A partir de brevísimas frases, como «¿Desexa vostede atopar a súa parella?», «Nenos spot TV», «Urxe manicura», «Necesítase limpacristais profesional» e outras semellantes, o autor desprega unha gran capacidade fabuladora creando contos fantásticos, divertidos ou misteriosos, que espertan a curiosidade e sorprenden a quen os le. Neles, cun acertado emprego da ironía e o humor, critícase todo aquilo que degrada a vida, tanto do medio natural como das persoas, á vez que se defende a necesidade da fantasía e a imaxinación nas nosas vidas.

Traducións
Referencias
Premios
portada Contes per paraules
Catalán
ISBN: 978-84-9026-273-3
Páxinas: 140
Editorial: Bromera
Ilustracións: Javier Lacasta Llácer
Tradución: Josep Franco
Contes per paraules

Com que les notícies només parlen de gent important, el protagonista d’aquest llibre decideix llegir les pàgines d’anuncis per paraules del diari. I és que, darrere d’uns anuncis tan breus, moltes vegades s’amaguen històries increïbles i aventures de tot tipus. Així, amb els nou relats de Contes per paraules descobrirem aspectes sorprenents sobre la nostra realitat.

portada Contes per paraules
Catalán
ISBN: 84-7629-566-9
Páxinas: 107
Editorial: Cruïlla
Ilustracións: Xan López Domínguez
Tradución: Devi Vimala
Contes per paraules

Contes per paraules és un recull d’històries inspirades en anuncis per paraules com els que es poden trobar als diaris. A partir de la informació que hi ha en els anuncis, l’autor crea un seguit de personatges molt particulars que es mouen entre la realitat, la mitología i la fantasia. Relats d’humor.

portada Contos por palabras
Galego
ISBN: 84-88254-97-0
Páxinas: 117
Editorial: La Voz de Galicia
Contos por palabras

Edición realizada por La Voz de Galicia dentro da colección Biblioteca Galega 120 correspondente ao nº 78 desta colección.

portada Cuentos por palabras
Castelán
ISBN: 84-348-6422-3
Páxinas: 123
Editorial: SM
Ilustracións: Fran Jaraba
Tradución: Rafael Chacón
Cuentos por palabras

¿Por qué en los periódicos hay tan pocas referencias a la vida de la gente corriente? Quizá no haya que mirar las informaciones para encontrarlas, sino los anuncios. Los anuncios por palabras, ¡eso es!

portada Cuentos por palabres
Bable
ISBN: 84-8053-027-8
Páxinas: 87
Editorial: Trabe
Ilustracións: Carme Peña
Tradución: Esther Castro
Cuentos por palabres

Los anuncios por palabres de la prensa falen, polo regular, de la vida cotidiana de la xente que nos arrodia. Al autor d’ esti llibru, premiu Lazarillo 1990, sirviéron-y pa contanos ochu hestories onde los protagonistes son, ente otros, un unicorniu solteru, Spíderman, un home-llobu namoráu, un llibru raru…

portada Iragarki~Ipuinak
Éuscaro
ISBN: 84-348-3717-X
Páxinas: 129
Editorial: SM
Ilustracións: Olga Pérez
Tradución: Jon Suarez Barrutia
Iragarki~Ipuinak

Zergatik dago egunkarietan jende arruntari buruzko hain aipamen gutxi? Beharbada ez zaie albisteei begiratu behar horiek aurkitzeko, iragarkiei baizik. Iragarki laburrei, horixe da!

portada Le livre des petites annonces
Francés
ISBN: 2-88258-205-6
Páxinas: 81
Editorial: La joie de lire
Ilustracións: Catherine Louis
Tradución: André Gabastou
Le livre des petites annonces

Pourquoi les journaux parlent-ils si peu de la vie des gens ordinaires? Il suffirait peut-Ètre de lire les petites annonces avec les yeux de l’imagination pour avoir la preuve du contraire. Le narrateur reconstitue des vies imaginaires en renouvelant quelques vieux thèmes de la littérature fantastique.
Ce livre a obtenu le Prix Lazarillo en 1990.

  • Incluído na selección «Dez títulos imprescindibles da literatura infantil e xuvenil española do século XX»
  • Premio Lecturas de GÁLIX 2003
  • Finalista del Premio Nacional de Literatura en 1992
  • Lista de Honra do IBBY do bienio 1990-1992
  • Premio Lazarillo 1990




Mª Jesús Fernández. Peonza, nº 47-48 (abril 1999)

Un excelente libro que, recreando os temas clásicos da fantasía, consigue unhas historias actuais, que interesan e divirten os lectores de todas as idades.