Os tempos sombríos han quedar atrás

O último número da revista Encrucillada,  (nº 182. marzo-abril, 2013) recolle diferentes ensaios que analizan diversas facetas da realidade galega de hoxe. No “Guieiro” introdutorio, afírmase, entre outras cousas:

Galicia está vivindo nos últimos anos as devastadoras consecuencias
que tivo a irresponsable campaña electoral de Núñez Feijoo
fronte ao bipartito. Abriuse a caixa dos tronos e aínda non se pechou.
Velaquí a maior trola mediática espallada por toda a península:
o castelán é un idioma perseguido en Galicia. O actual goberno
de Galicia do Partido Popular, que, como todo goberno galego, debe
promover, garantir e protexer a lingua e a cultura do seu pobo, parece
comportarse coma o seu principal inimigo. Quen aínda non o vexa
con claridade debe ler con atención este número de Encrucillada.

Neste número, a miña achega foi un longo artigo que titulei “Os tempos sombríos han quedar atrás”, onde analizo -coas inevitables limitacións de espazo- o estado actual da cultura en Galicia. Quen desexe lelo, pode facelo no PDF que figura a continuación:

OS TEMPOS SOMBRÍOS HAN QUEDAR ATRÁS (PDF)