Lúa do Senegal



portada Lúa do Senegal
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
Primeira edición: 2009
ISBN: 978-84-9782-556-6
Páxinas: 197
Colección: Sopa de libros
Ilustracións: Marina Seoane

Sinopse

Khoedi, nome que significa lúa na súa lingua, é unha nena senegalesa de once anos que ten que abandonar a súa vila do Senegal  e viaxar coa nai e coa irmá pequena ata Vigo, onde o seu pai vive desde hai un tempo. Todo é distinto na nova terra, e o único que ten en común coa que abandonou é a lúa que brilla no ceo polas noites. A nena elixe a Lúa como confidente das súas historias, a ela dirixe as súas intensas reflexións: sensacións, recordos, medos, e tamén o desexo de afacerse á nova vida que lle espera no novo lugar, tan repleto de ausencias, en particular a da súa avoa, Mamá Feriane.
O relato aborda a emigración desde o punto de vista do desarraigamento e a intensa tristeza que a rodean e destaca o valor da multiculturalidade, a diversidade lingüística e a convivencia, así como a importancia de conxugar memoria e futuro.

Traducións
Referencias
Premios
portada Lluna del Senegal
Catalán
ISBN: 978-84-489-2676-2
Páxinas: 144
Editorial: Barcanova

Tradución: Xulio Ricardo Trigo
Lluna del Senegal

La Khoedi, una nena de deu anys, ha de deixar la seva casa del Senegal per instal·lar-se a Vigo, la ciutat on el seu pare va emigrar fa uns quants anys. A la nova terra, la vida és dura per a la Khoedi: no coneix ningú i tot li resulta ben diferent. Viu a Europa, però el seu cap i el seu cor continuen a Àfrica. L’únic llaç entre la nova realitat i el món que va deixar enrere és la Lluna que brilla al cel a la nit.

portada Luna de Senegal
Castelán
ISBN: 978-84-667-8430-6
Páxinas: 200
Editorial: Anaya
Ilustracións: Marina Seoane
Tradución: Isabel Soto
Luna de Senegal

Khoedi, una niña de once años, tiene que dejar su casa en Senegal para instalarse en Vigo, la ciudad donde su padre lleva varios años emigrado. En esta nueva tierra, la vida será dura para Khoedi: no conoce a nadie y todo le resulta diferente. Está en Europa, pero su cabeza y su corazón continúan en África. El único lazo entre su realidad y el mundo que dejó atrás es la luna que brilla en el cielo cada noche.

  • Lista de Honor da CCEI do ano 2010
  • Premio da AELG á mellor obra de LIX do ano 2009




Isabel Soto. Cultura Galega Org (7-9-2009)

O libro aborda un problema actual, a inmigración, e faino elixindo como eixe central  a carga emotiva que a rodea, mais tamén integrando o optimismo, o respecto, a convivencia de linguas e culturas.