As flores radioactivas



portada As flores radioactivas
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
Primeira edición: 1990, 2013 (R)
ISBN: 978-84-9914-373-6
Páxinas: 120
Colección: Merlín
Ilustracións: Miguelanxo Prado

Sinopse

Esta é unha nova edición d’As flores radioactivas, moi anovada tanto no texto coma nas ilustracións. Tamén os Anexos foron actualizados, para incluír feitos como o accidente na central nuclear de Fukushima.

No verán de 1989, un estraño resplandor aparece na mar alta, no lugar coñecido como Fosa Atlántica, situado a unhas 300 millas das costas de Galicia. Esa foi a zona onde, durante ben de anos, diversos países europeos mergullaron os residuos radioactivos procedentes das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía algúns barcos a examinar a zona, descóbrese un feito sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación.

Alba, unha rapaza que vive en Pontebranca, unha vila da beiramar, interésase pola noticia daquel insólito fenómeno e desexa saber que sucede en realidade. Por medio do seu irmán, que participa no proxecto, chégalle a noticia de que se prepara unha expedición á Fosa Atlántica, organizada por un grupo de ecoloxistas e xornalistas.

Coa axuda do seu amigo Xavier, Alba logra introducirse como polisón no barco, coa esperanza de que non a descubran ata que xa estea avanzada a travesía e non poidan regresar. Iníciase así unha aventura na que Alba xogará un importante papel, e que acabará tendo unha repercusión mundial.

As flores radioactivas é unha novela crítica coa destrución da natureza e a manipulación informativa. Unha narración que aposta por un mundo onde a paz sexa unha realidade.

Traducións
Referencias
Premios
portada Las flores radiactivas
Castelán
ISBN: 978-84-678-4090-2
Páxinas: 114
Editorial: Anaya
Ilustracións: Miguelanxo Prado
Tradución: Isabel Soto
Las flores radiactivas

En el verano de 1989, un extraño resplandor aparece en alta mar, en la zona conocida como Fosa Atlántica, situada a unas 300 millas de las costas de Galicia. Ese fue el lugar donde, durante bastantes años, diversos países europeos arrojaron al agua los residuos radiactivos procedentes de sus centrales nucleares. Cuando la OTAN envía una flota de barcos a examinar la zona, se descubre un hecho sorprendente que las autoridades ocultan para no provocar alarma entre la población.

En la Fosa Atlántica, donde los países europeos vertieron residuos radiactivos hasta 1982, dos pesqueros descubren una gran mancha brillante que produce un misterioso resplandor en el mar. Cuando la OTAN envía barcos a examinar la zona, se encuentra con algo sorprendente que las autoridades ocultan en un intento de no alarmar a la población.

Alba, una chica que se siente atraída por este descubrimiento, se irá implicando en la investigación y, tras introducirse como polizón en un barco, viajará a la zona con un grupo de ecologistas y periodistas. Se inicia así una aventura que acabará teniendo repercusión mundial.

Fernández Paz entreteje una de las mayores críticas al deterioro del medio ambiente y la manipulación informativa. Un canto a la paz.

En la web de Anaya, además de la ficha del libro, podemos leer el primer capítulo, así como un interesante Proyecto de Lectura.

 

portada Les flors radioactives
Catalán
ISBN: 978-84-7660-087-0
Páxinas: 117
Editorial: Bromera
Ilustracións: Miguelanxo Prado
Tradución: Salvador Pallarés Garí
Les flors radioactives

Un estrany fenomen té lloc a la zona marítima on abocaven els seus residus nuclears diversos països europeus. Alba será la protagonista d’una història amb repercussions mundials.

portada Lore erradiaktiboak
Éuscaro
ISBN: 978-84-7917-338-6
Páxinas: 123
Editorial: Elkar
Ilustracións: Miguelanxo Prado
Tradución: Patxi Elizegi
Lore erradiaktiboak

IIsurketa nuklearrak egiten diren fosa atlantikoan zerbait arraroa ari da gertatzen. Militarrek inguratu dute alde hura eta misterioa da nagusi. Alba oporretan dagoen neska bat da eta, ustekabean, fosa atlantikoko misterioa argitzeko abentura batean sarturik ikusiko du bere burua, jakin gabe bere ekintzak mundu osorako izango duen eragina.

  • Premio Merlín de Literatura Infantil 1989




Sabela Álvarez Núñez. La Voz de Galicia (12-12-1990)

Agustín constrúe a fermosa alegoría de proxectarse cara adiante e maxinar un futuro rexido por unhas flores que espertan sentimentos pacifistas, imposibles de deter. Imposible de deter é tamén o “virus lector” que hai nas páxinas de As flores radiactivas.