Entries by Agustín Fernández Paz

Pemón Bouzas fala con Agustín Fernández Paz sobre “O rastro que deixamos”

No programa Eirado, emitido na TVG o pasado 1 de decembro, Pemón Bouzas mantivo unha extensa conversa con Agustín Fernández Paz. A entrevista xirou, en grande medida, arredor de O rastro que deixamos, o libro memorialístico que o escritor vén de publicar hai unhas semanas en Edicións Xerais. Velaquí a entrevista completa  

Para ler en días de tristeza

Como José Ángel Valente é inesgotable,  como ten un poema axeitado para calquera circunstancia da vida, copio hoxe aquí un dos moitos que acabei aprendendo de memoria sen querer. Trátase dun poema dedicado á alegría, un texto axeitado para ler neses días en que a tristeza vén onda nós e nos envolve, tal como acontece […]

As falanxes da Orde Negra

Las falanges del Orden Negro, de Pierre Christin e Enki Bilal Entre 1975 e 1983, o guionista francés Pierre Christin e o debuxante bosníaco Enki Bilal elaboraron un conxunto de álbums de forte contido político, agrupados co título «Lendas de hoxe», todos eles de moi alta calidade. As Falanxes da Orde Negra  (1979) é un […]

O festín de Babette

O festín de Babette (Babette Gæstebud, 1987), de Gabriel Axel Vin esta película no ano 1988, nun cine de Salamanca. Un grupo de persoas interesadas na promoción da lectura estabamos a facer un curso na Fundación Germán Sánchez Ruipérez (un curso inesquecible, mais esa é outra historia). Unha noite, uns cantos decidimos ir ao cine, […]

“Fantasmas de luz”, Premio da Crítica Galicia 2012

Na noite do sábado 17 de novembro, a Fundación Premios da Crítica celebrou a 35ª edición dos seus premios, nun acto cultural celebrado na cidade de Vigo. Na modalidade de Creación Literaria, a novela de AFP Fantasmas de luz obtivo o Premio da Crítica Galicia 2012. Tal como reflicte a acta do xurado, que outorgou […]