A viaxe de Gagarin





portada A viaxe de Gagarin
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
Primeira edición: 2014
ISBN: 978-84-9914-668-3
Páxinas: 246
Colección: Narrativa

Descargas
Primeiro capítulo do libro

Traducións
Sinopse

O doce de abril de 1961, o cosmonauta Iuri Gagarin, a bordo da nave Vostok 1, convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, que culminaría o 20 de xullo de 1969, cos primeiros pasos de Neil Armstrong sobre a superficie da Lúa. E comezaba tamén unha década que traería grandes cambios sociais e políticos.

Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A partir dese día os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia.

Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os pais rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras de arredor. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que medra e se abre á complexidade da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa presenza da oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie.

Naqueles anos de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. Con Francesca, que acaba de chegar á cidade, vive o arrebato da paixón e tamén a dor da ausencia, nunha emotiva historia de amor marcada por profundas diferenzas de clase.

Este libro conta cun blog específico, onde se recolle unha boa parte da documentación que se utilizou para escribilo: O BLOG DE GAGARIN

Velaquí o book trailer da novela:

 

  • Premio de Narrativa 2015 da AELG, ao mellor libro publicado no 2014
  • Premio “Fervenzas Literarias” ao mellor libro de ficción de 2014
  • Premio “Ánxel Casal” 2014, da Asociación Galega de Editores (AGE)





Traducións