Ficha Técnica
Editorial: Edicións XeraisPrimeira edición: 2014
ISBN: 978-84-9914-668-3
Páxinas: 246
Colección: Narrativa
Descargas
Primeiro capítulo do libroSinopse
O doce de abril de 1961, o cosmonauta Iuri Gagarin, a bordo da nave Vostok 1, convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, que culminaría o 20 de xullo de 1969, cos primeiros pasos de Neil Armstrong sobre a superficie da Lúa. E comezaba tamén unha década que traería grandes cambios sociais e políticos.
Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A partir dese día os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia.
Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os pais rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras de arredor. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que medra e se abre á complexidade da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa presenza da oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie.
Naqueles anos de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. Con Francesca, que acaba de chegar á cidade, vive o arrebato da paixón e tamén a dor da ausencia, nunha emotiva historia de amor marcada por profundas diferenzas de clase.
Este libro contou cun blog específico, onde o autor recolleu boa parte da documentación que utilizou para escribilo: O BLOG DE GAGARIN
Velaquí o book trailer que se fixo para a novela:
Castellano
ISBN: 978-84-16721-92-4Páxinas: 308
Editorial: Faktoria K
Tradución: Isabel Soto
A viaxe de Gagarin
Miguel Mendiguren vela a su madre en la habitación de un hospital. Hace tiempo que ella ha comenzado a perder la memoria y Miguel se duele por no haber conocido mejor a sus padres. Por ello, decide componer los recuerdos de su infancia y juventud en un cuaderno y, así, compartirlos con su hijo. Rememora entonces una época, la de los años sesenta, marcada por la Guerra Fría y la carrera espacial, pero también por la represión franquista y la lucha clandestina, en la que sus padres, librera e impresor, colaboraron secretamente con el Partido Comunista. Libros, películas, hazañas espaciales y el primer amor hacen de esta novela un ejercicio extraordinario de memoria personal y universal.