Imaxes



Os pais de Agustín Fernández Paz. Primeiros anos corenta.
Na Escola Graduada de Vilalba. Aula de don Félix. Entre 1955 e 1957.
Na alameda de Vilalba, co seu irmán Luís, o tío Roca e tres dos seus curmáns.
Excursión a Covadonga. Curso 1961-62, na Universidade Laboral de Xixón.



Excursión aos Lagos, con outros amigos da Laboral. Semana Santa de 1963.
Traballando no torno, nos talleres da Universidade Laboral. Curso 1963-1964.
Na Universidade Laboral. Foto final do curso 1963-1964. Agustín está na primeira fila, o terceiro pola dereita.
En Vilalba, na romaría da Virxe de Guadalupe, cun grupo de amigos.



Nunha verbena en Xermade. Verán de 1965.
Cos seus pais na Universidade Laboral de Xixón. Maio de 1966.
Agustín Fernández Paz, no río dos Novos. Vilalba, 1970.
Cos seus alumnos de 3º de EGB, Colexio Público «Raquel Camacho». A Coruña, xuño de 1976.



En Gernika, durante o curso 1977-1978, na conmemoración do 40º cabodano do bombardeo da vila por parte da aviación alemá.
En Barcelona, en 1989.
Coa súa filla Mariña, xogando na praia de Seselle (Ares).
No Congreso do IBBY (Sevilla, 1994). De dereita a esquerda: Agustín, Paula Carballeira, J. Vitorio Nogueira, M. Carme Bar, Xabier P. Docampo e M. Xesús Fernández.



Ao pé da estatua de Andersen, en Copenhague. Abril de 2006.
Á beira da Sereíña, en Copenhague. Abril de 2006.
Plantando unha camelia cos seus alumnos no IES «Rosais 2», na súa despedida como docente. Ano 2007.
No colexio «Mas Canosa» de Miami, tras un encontro co alumnado. Ano 2008.



Escribindo na mesa de traballo, na súa casa de Vigo, en 2008.
Recibindo o Premio Nacional en Teruel por O único que queda é o amor. Xullo de 2008.
No «Paseo dos Soños» en Vilalba, na inauguración dunha escultura dedicada á súa obra. Decembro de 2008.
Con Jules Verne, en Vigo. Verán de 2009.



Inauguración da Biblioteca «Agustín Fernández Paz» do IES «Auga dá Laxe» (Gondomar). 31 de marzo de 2009.
Recollendo o premio «Letra E», concedido pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) en recoñecemento á súa traxectoria. Ano 2009.
Na illa de San Simón, o 6 de xuño de 2009, pronunciando un discurso con motivo da concesión dos XXVI Premios Xerais.
Coa súa irmá Tita, a carón do monólito instalado con motivo da homenaxe «O escritor na súa terra» da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Vilalba, 20 xuño 2009.



Plantando un bidueiro na mesma homenaxe «O escritor na súa terra».
Con Xavier P. DoCampo e Paco Martín, os outros dous membros da denominada «xeración Lamote». Lugo, 2009.
Unha mostra da súa escritura manuscrita, nun dos seus característicos cadernos amarelos.
Intervención no Acto de entrega do VII Premio Iberoamericano SM, na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México). Decembro de 2011.



En Vigo, a carón do antigo Reitorado, con Manuel Bragado, Inmaculada Reino e Celia Torres.
Con Jordi Sierra i Fabra, na Feira Internacional do Libro de Boloña, o ano en que España foi o país invitado (2005).
Asinando libros na Feira do Libro de La Habana, o ano en que Galicia foi o país invitado (2008).
Con Manuel Bragado e Xabier P. DoCampo, na cea de entrega dos Premios da AELG (2010).



Con Xabier P. DoCampo en Santiago de Compostela, nun balcón do Pazo de Xelmírez, coa Praza do Obradoiro de fondo.
No miradoiro da Torre Redonda, famosa pola súa rampla en caracol, coa cidade de Copenhague ao fondo.
Foto para o libro Cociñando ao pé da letra, de Yolanda Castaño e Andrea Costas. AFP está ante unha fonte de falsas orellas, feitas con follas dun manuscrito.
Entrevistado por Rosa Aneiros, durante a celebración da Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México)