Dende o falecemento de Agustín Fernández Paz, Isabel Soto é a responsable de divulgar e conservar o legado intelectual do escritor por desexo das súas herdeiras.
O nome e a obra de Agustín Fernández Paz están protexidos pola lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e dereitos da personalidade. Isabel Soto e a familia xestionan e autorizan os usos da obra que requiren autorización, así como o uso do nome do autor en actividades públicas, incluídas conferencias, xornadas, e publicacións. Non está permitido o uso do nome de Agustín Fernández Paz de forma que poida xerar confusión sobre a existencia de apoio, colaboración ou autorización por parte das persoas titulares dos dereitos.
Para solicitar autorización ou obter máis información, pode poñerse en contacto a través do formulario que aparece a continuación.

