A alegría de escribir

A POESÍA DE WISLAWA SZYMBORSKA

«Todos os meus poemas nacen do amor. Mesmo diría que todos os poemas nacen do amor; incluso aqueles que transmiten o mal teñen no fondo unha forma de amor ao mundo. Estou totalmente convencida…»

«Se a vida cotiá che parece pobre, non a culpes. A culpa é túa. Non es tan bo poeta como para reparar na súa riqueza.» (Rilke, citado por Wislawa Szymborska)

Somos moitísimas as persoas que amamos a poesía de Wislawa Szymborska. Xa o sabía, mais foi unha satisfacción confirmalo ao comprobar que na Rede ferven os lugares onde se manifesta o entusiasmo polos poemas da escritora de Cracovia e se reproducen algúns dos que cada persoa prefire. Hoxe, día 2 de xullo, a querida Wislawa faría 90 anos: esta anotación pretende ser a miña cativa homenaxe a esta marabillosa poeta.

De non ser pola concesión do Premio Nobel en 1996, é moi improbable que eu chegase algunha vez á obra de Wislawa Szymborska. A concesión do Nobel motivou que Lumen publicase o primeiro libro que lin dela, Paisaje con grano de arena, unha escolma dos libros que publicara ata daquela.

Que goce, que festa foi a lectura deste libro, que se prolongou nunha persistente relectura que aínda continúa hoxe. A de Wislawa Szymborska era unha poesía que fuxía das grandes palabras, que falaba de feitos cotiáns (un enterro, unha visita ao médico, as árbores da contorna, as miudezas dun día calquera…). Ollándoos cunha mirada orixinal e profunda, desvelaba neles os grandes temas que como seres humanos nos afectan. Un xeito de concibir a poesía que Wislawa Szymborska deixou expresado con claridade no discurso que pronunciou con motivo da cerimonia de concesión do Nobel en Estocolmo: “O poeta e o mundo

Logo, como me ten pasado con outros autores, entroume a ansia de buscar que outros libros podía ler de Wislawa Szymborska. Unha magnífica escolma no Fondo de Cultura Económica (Poesía no completa) e outra en Hiperión (El gran número / Fin y principio) ampliaron o meu coñecemento.

Máis adiante, os novos libros seus foron traducíndose sen moita demora: Instante (Igitur), un libro magnífico que se pode ler completo na Rede; Aquí (Bartleby); Dos puntos (Igitur) e as prosas de Lecturas no obligatorias (Alfabia).

No ano 2011, Edicións Positivas publicou unha ampla escolma da poesía de Wislawa Szymborska, Versos escollidos, en tradución de Lucía Caeiro. Unha ledicia, poder ler en galego moitos dos seus mellores poemas. Tamén andan pola Rede algúns poemas máis traducidos á lingua de noso. E, cando Wislawa Szymborska faleceu (nacera o 2 de xuño de 1923; finou o 1 de febreiro de 2012), Picaversos organizou en Santiago de Compostela unha homenaxe á poeta polaca.

Non paga a pena que eu fale máis. É mellor ofrecer tres magníficas entrevistas con Wislawa Szymborska: unha aquí, outra aquí e unha terceira aquí.  E despois, invitar a un demorado percorrido por algúns dos lugares que analizan a súa obra e, sobre todo, polos numerosísimos espazos onde podemos encontrar traducións dos seus poemas. Algúns deles ofrecen unha selección admirable.

Non está de máis recoller aquí a loanza da lectura que nos fai Wislawa Szymborska no prólogo de Lecturas no obligatorias (Alfabia, 2009):

Y una cosa más, lo digo de corazón: soy una persona anticuada que cree que leer libros es el pasatiempo más hermosos que la humanidad ha creado. El homo ludens baila, canta, realiza gestos significativos, adopta posturas, se acicala, organiza fiestas y celebra refinadas ceremonias. Para nada desprecio la importancia de estas diversiones: sin ellas, la vida humana pasaría sumida en una monotonía inaguantable y, probablemente, la dispersión. Sin embargo, son actividades en grupo sobre las que se eleva un mayor o menor tufillo de instrucción colectiva. El homo ludens con un Libro es libre. Al menos, tan libre como él mismo sea capaz de serlo. Él fija las reglas del juego, subordinado únicamente a su propia curiosidad. Puede permitirse no sólo leer libros inteligentes de los que aprenderá cosas, sino también libros estúpidos de los que algo sacará. Es libre de no leer un libro hasta la última página, y de empezar otro por el final e ir retrocediendo. Puede echarse a reír en un punto no destinado a ello o, de repente, detenerse ante unas palabras que recordará durante el resto de su vida. Y, finalmente, es libre –y ningún otro pasatiempo puede ofrecerle esto– de escuchar de qué habla Montaigne o de zambullirse en el Mesozoico por un instante.

Pola miña banda, reproduzo aquí a miña escolla brevísima: tan só tres dos meus preferidos, copiados de tres das moitas páxinas da Rede.

CONTRIBUCIÓN A LA ESTADÍSTICA

De cada cien personas,

las que todo lo saben mejor:
cincuenta y dos,

las inseguras de cada paso:
casi todo el resto,

las prontas a ayudar,
siempre que no dure mucho:
hasta cuarenta y nueve,

las buenas siempre,
porque no pueden de otra forma:
cuatro, o quizá cinco,

las dispuestas a admirar sin envidia:
dieciocho,

las que viven continuamente angustiadas
por algo o por alguien:
setenta y siete,

las capaces de ser felices:
como mucho, veintitantas,

las inofensivas de una en una,
pero salvajes en grupo:
más de la mitad seguro,

las crueles
cuando las circunstancias obligan:
eso mejor no saberlo
ni siquiera aproximadamente,

las sabias a posteriori:
no muchas más
que las sabias a priori,

las que de la vida no quieren nada más que cosas:
cuarenta,
aunque quisiera equivocarme,

las encorvadas, doloridas
y sin linterna en lo oscuro:
ochenta y tres,
tarde o temprano,

las dignas de compasión:
noventa y nueve,

las mortales:
cien de cien.
Cifra que por ahora no sufre ningún cambio.


AS TRÊS PALAVRAS MAIS ESTRANHAS

Quando pronuncio a palavra Futuro
a primeira sílaba já pertence ao passado.

Quando pronuncio a palavra Silêncio,
destruo-o.

Quando pronuncio a palavra Nada,
crio algo que não cabe em nenhum não-ser.

 

LA ALEGRÍA DE ESCRIBIR

¿Hacia dónde corre por el bosque el corzo escrito?
¿A saciar su sed a orillas del agua escrita
que le calcará el hocico cual hoja de papel carbón?
¿Por qué alza su cabeza? ¿ha oído algo?
Sobre sus cuatro patas, prestadas por la realidad,
levanta la oreja bajo mis dedos.
Silencio -palabra que cruje en el papel
y separa las ramas que brotan de la palabra “bosque”.

A punto de saltar sobre la página en blanco acechan
letras que acaso no congenien,
frases tan insistentes
que consumarán la invasión.

Una gota de tinta contiene una sólida reserva
de cazadores apuntando con un ojo ya cerrado,
preparados para el descenso por la pluma empinada
para cercar al corzo y llevarse el fusil a la cara.

Olvidan que esto, lo de aquí, no es la vida.
Aquí, negro sobre blanco, rigen otras leyes.
Un abrir y cerrar de ojos durará cuanto yo quiera,
se dejará fraccionar en entidades minúsculas
llenas de balas detenidas en pleno vuelo.
Nada sucederá si yo no lo ordeno.
Contra mi voluntad no caerá la hoja,
ni una brizna se inclinará bajo la pezuña del punto final.

¿Existe pues un mundo
cuyo destino regento con absoluta soberanía?
¿Un tiempo que retengo con cadenas de signos?
¿Un vivir que no cesa si ese no es mi deseo?

Alegría de escribir.
Poder de eternizar.
Venganza de una mano mortal.