Nunca é tarde para lembrar
A caixa de música (Music Box. Constantin Costa-Gavras, 1989)
Xa é tarde para evitar o que pasou, mais nunca é tarde para lembrar o que pasou.
Estas palabras inesquecibles, ditas pola avogada que a protagoniza, pertencen á película A caixa de música, que Costa-Gavras realizou en 1989 pero que podería estar filmada onte mesmo, porque a súa actualidade é total.
Costa-Gavras é o director de películas que ficaron para sempre na memoria de moitas persoas, desde Missing (sobre o golpe de estado en Chile) ata Amén (sobre o silencio do Vaticano ante o xenocidio nazi), pasando por Estado de sitio, Z, O camiño da traizón, Sección Especial ou O capital, que puidemos ver hai pouco nos cines.
Non lembro cando vin por vez primeira A caixa de música. Sei que non foi no cine, así que debeu de ser na televisión ou nun vídeo alugado. O que si lembro ben é que a merquei en DVD en canto puiden e que, desde aquela, volvina ver en varias ocasións. É unha película que me fascina, se cadra pola claridade coa que me interpela, coa que nos interpela a todos.
Non quero estragarlle a película a ninguén, así que só contarei aquí o imprescindible. A protagonista,
interpretada por Jessica Lange, é unha influente avogada de New York . O seu pai, un exiliado húngaro, é un activista coñecido polas súas actividades anticomunistas. Un día, desde a fiscalía, infórmano de que Hungría pediu a súa extradición por ser un criminal de guerra, membro do Partido da Cruz Frechada, un dos grupos de ideoloxía nazi que, durante a 2ª Guerra Mundial, mataran moita xente en Budapest (por certo, nesta páxina de visión imprescindible, está moi ben contado o que sucedeu en Hungría, que en boa medida explica a deriva cara á extrema dereita do goberno actual).
O pai négao todo, alega que é unha campaña do goberno húngaro contra el e o grupo de activistas do que forma parte. A filla asume a súa defensa (paga a pena ler esta análise desde a perspectiva do dereito). Nas sesións da vista, a través das testemuñas dos superviventes daqueles anos, as sospeitas comezan a aniñar dentro dela. Aínda así, consegue que o pai sexa declarado inocente e non se permita a extradición. Mais a verdade terrible acabará por desvelárselle nunha posterior visita a Budapest, dun xeito inesperado.
Por que me afecta tanto esta película? Pois porque sinto que, en realidade, está a falar de todas aquelas sociedades nas que se tenta sepultar o pasado para que non se coñeza, nun deliberado exercicio de desmemoria. Como ocorre en España.
As xeracións máis novas descoñecen en grande medida ese pasado, saben moito máis do acontecido na Alemaña nazi. A guerra civil e a posguerra son feridas que non deixan de supurar, malia as voces interesadas que se refiren a elas como un pasado xa esquecido. Pero non se pode esquecer o que non se soubo previamente, son realidades que só se poderán superar logo dunha información veraz sobre todo o que ocorreu. Como di un dos personaxes de Noite de voraces sombras, «debes coñecer que pasou aqueles anos para que nunca se repita, e tamén para honrar a memoria de tantos soños rotos».
Mais non é só a mocidade. Eu, e a xente da miña xeración e das posteriores, medramos e vivimos ignorando aspectos esenciais do noso pasado. Só nos últimos anos comeza a se producir o imprescindible proceso de recuperación da memoria histórica. Agora coñecemos a realidade dos campos de concentración que funcionaron na posguerra. Agora sabemos que tamén aquí, como en Chile ou en Arxentina, houbo roubos de bebés para dalos en acollida a familias do réxime vencedor. Agora, coma no desxeo ao que aludo de xeito metafórico nas miñas novelas, empezamos a saber de tanto sufrimento e de tanta dor como se nos ocultou.
E tamén sabemos das resistencias e da obsesión por esquecer ou terxivesar o pasado que aínda aniñan nun amplo sector da nosa sociedade, asentado firmemente nos baseamentos do franquismo, malia a capa de verniz democrático que, se se rasca unha miguiña, desaparece con facilidade. A miña novela Corredores de sombra ten isto como tema central.
Mais, como moi ben escribiu a checa Mónica Zgustova, «Non se pode vivir plenamente a propia liberdade sen coñecer o pasado, que deu forma ao que somos. Nunca a ignorancia e a evasión poden ser guías axeitadas do presente.»
A película completa pode verse na Rede:



O inesquecible
(…) A novela está escrita en 1874, e Verne sitúa os acontecementos da trama no ano 1865; é dicir, só nove anos antes. Quen agora a lemos, persoas do século XXI, percibimos a historia como moi afastada no tempo, mais para os seus contemporáneos –os mozos e os adultos que a lían por entregas—eran acontecementos moi próximos.
rusos; polas presións, acabou sendo un hindú que odiaba os ingleses. Na versión orixinal, Nemo morría exclamando “Independencia!”. Foi Hetzel quen forzou o cambio, facéndolle exclamar ese “Deus e patria” que Nemo, apátrida e partidario dos movementos de liberación dos países colonizados, nunca pronunciaría. Un Capitán Nemo sobre o que Verne escribe isto en Vinte mil leguas de viaxe submarina:
A primeira e inesquecible canción que lles escoitei foi 
Desde hace más de un año se está en este mundo,
cando xa non se está en idade de medrar
O POETA DESEXA OS PANOS DO CEO
Lembro ben a primeira vez que lin
«En segundo lugar, estamos diante dunha novela de carácter iniciático, que se axusta á perfección ao esquema que define esta clase de relatos: un protagonista situado na terra de ninguén da adolescencia que emprende unha viaxe polo mundo adiante, durante a cal terá que se enfrontar a unha serie de probas e perigos. A súa superación contribuirá decisivamente á súa formación como persoa, de xeito que ao final da viaxe o protagonista aparece transformado polas experiencias vividas.
«No decurso desa viaxe vivirán unha serie de aventuras que, de querelo o autor, podería prolongarse máis e máis. O encontro cos Leabertkolm, onde Nmogadah derrota ao fero guerreiro que bota lume polo seu único ollo. A estancia no
«E, por último, a chegada á
«Que doado é deixarse levar pola engaiolante prosa de Ferrín, dacabalo entre a épica e a poesía, capaz de nos transportar en breves liñas aos máis diversos espazos, e dunha beleza tan cortante coma o gume da máxica espada Milmanda.»