Entradas de] Agustín Fernández Paz

Os proletas non teñen alma

STRATOS (1987), de Miguelanxo Prado Para recuperarmos Stratos Durante máis de tres décadas (dos 70 aos 90 do século pasado, sobre todo) fun un lector apaixonado das revistas de cómics que daquela se publicaban en España (e das de Portugal, sempre que podía). Foron os anos dourados deste tipo de publicacións (TOTEM, Cairo, Cimoc, 1984, […]

Por non ser dos que calan

(A fotografía de Albert Camus é de Henri Cartier-Bresson, en 1947) A peste (La chute, 1947), de Albert Camus Nesta entrada, imos comezar polo que debería ser o final. Trátase dun vídeo onde se recolle o discurso que Albert Camus pronunciou en Estocolmo o 10 de decembro de 1957, cando recibiu o Premio Nobel de […]

Un bo día para regresar

(A foto reproduce a Fervenza de Neda. O seu autor é José Argos Aguilar (http://www.fotored.es/foto/ficha/fervenza-neda-rias-altas–2534) Este blog leva parado desde o mes de agosto, por razóns diversas. Como as intencións que o fixeron nacer seguen moi vivas, imos recuperar os azos e poñelo a funcionar de novo. E este 11 de novembro é un bo […]

Contos mínimos (e 8)

(Vista da ría de Viveiro desde o monte de San Roque. A foto procede da web www.boutiquehotelspain.com/) CONSIDERACIÓNS SOBRE A RESURRECCIÓN DA CARNE Cando soubo que o seu mellor amigo fora incinerado, en cumprimento do desexo que manifestara antes de abandonar este mundo, non puido evitar que unha man invisible premese durante horas o seu corazón. […]

Contos mínimos (7)

                                                    DÚAS VIDAS 1 Aquela tarde, ao contemplar os ollos de Ana, alcanzou a ver neles unha mestura de xenreira e de tristeza na que nunca reparara. Comprendeu daquela que a […]