Homenaxe a Agustín Fernández Paz

O pasado 30 de xuño celebrouse en Vigo un acto de homenaxe a Agustín Fernández Paz, organizado pola plataforma ProLingua, ao que acudiron máis de 300 persoas.  Conducido por Rosa Aneiros, nel interviñeron amigos de Agustín e unha representación do alumnado dos institutos de Vigo. Contou tamén coa participación dos músicos Anxo Pintos e Begoña Rioboo, así como da cantante Uxía. Así mesmo, proxectouse unha montaxe, O cinema de Agustín, onde se recollían anacos dalgúns dos filmes preferidos do autor.

Nova en Brétemas:
http://bretemas.com/onte-296-homenaxe-a-agustin/

Crónica de Alberto Ramos:
http://praza.com/cultura/1417/homenaxe-a-fernandez-paz-lcontigo-agustin-somos-nacionr/